O PSdeG acusa á Xunta de "privilexiar" a unha empresa cos estudos para a planificación do transporte

O deputado do PSdeG Raúl Fernández acusou á Xunta de "privilexiar" á empresa que asesora á Consellería de Infraestruturas en materia de mobilidade coa contratación dos estudos para a planificación do transporte público.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2017 | Actualizada ás 17:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG Raúl Fernández acusou á Xunta de "privilexiar" á empresa que asesora á Consellería de Infraestruturas en materia de mobilidade coa contratación dos estudos para a planificación do transporte público.

O deputado do PSdeG Raúl Fernández
O deputado do PSdeG Raúl Fernández | Fonte: Europa Press

O portavoz de Transporte dos socialistas galegos na Cámara presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que denuncia que a empresa Iplan Mobilidade viuse "privilexiada" por unha "posición non neutral" en relación ás contratacións coa Dirección Xeral de Mobilidade.

Segundo criticou, esta entidade conseguiu "a metade dos lotes contratados, repartidos en seis áreas territoriais". "Dita empresa ten accionariado e administración común con Tema Enxeñaría, S.L, adxudicataria dos contratos para a realización da nova planificación de zona de oeste da Coruña", indicou Raúl Fernández.

O socialista asegura que a cantidade adxudicada pola Consellería ás dúas empresas superou os 550.000 euros. Por iso, reclamou formalmente ao departamento autonómico que "remita a copia completa dos expedientes de contratación relativos á planificación do sistema de transporte público de viaxeiros, así como do servizo de asesoramento e asistencia á Dirección Xeral de Mobilidade en materia de transporte colectivo regular nos últimos anos".

"A Consellería non respecta o principio fundamental de igualdade entre as empresas ofertantes, posto que unha delas posúe unha información privilexiada que as demais non poden ter, gozando dunha posición a priori xa dominante e ademais contraria á legalidade", sinalou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta