Temas: FEMINISMO MULLER

Posan cos peitos ao aire para reivindicar o seu dereito ao topless

Polémica nas piscinas públicas de Ourense. Dúas mulleres foron reprendidas por bañarse sen suxeitador e o asunto derivou nunha mobilización feminista.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/07/2017 | Actualizada ás 22:53

Comparte esta noticia

Un grupo de mulleres posaron hoxe cos peitos ao aire nas piscinas de Oira, do Concello de Ourense. Querían así protestar polo acontecido esta semana a Rita e Lucía.

Posado para reivindicar o dereito a bañarse sen parte de arriba do bikini
Posado para reivindicar o dereito a bañarse sen parte de arriba do bikini | Fonte: CRTVG

Cando estaban na auga, un vixiante chamoulles a atención por levar os seus peitos descubertos. Aseguroulles que hai un regra non escrita que prohibe bañarse así. Nas normas escritas en carteis e vestiarios non atoparon ningunha referencia a ela.

Molestas, comentaron o seu caso no Facebook, onde esas entradas se convertiron en virais. Nesa rede social tiveorn centos de mensaxes de apoio, algunha ameaza e tamén ducias de peticións de amizade de descoñecidos. 

O asunto chegou ao Concello, onde a institución confirmou a existencia da norma de “decoro”.  PSOE, a marea de Ourense en Común e BNG mostráronse a prol da reivindicación das mulleres. Reivindicación que hoxe cristalizado no posado que ilustra esta información. 

Lucía González e Rita Carreira na imaxe coa que protestaron inicialmente
Lucía González e Rita Carreira na imaxe coa que protestaron inicialmente | Fonte: Facebook
Temas: FEMINISMO MULLER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Antinostrus

Por aí andaría Porcus Nostrus palanganeando co "decoro"...seguro.......ou senón de vacinilleiro da Gloria Metílico.......a súa primordial actividade.

4 eusi

É o que pasa cando as redes clientelares do oPPus meten a toda a sua culimaia até limpando váteres. Piores cousas nos quedan por ver...

3 anonimo

Non sabía eu que a ninguénm se lle impedira facer top less. E algo case normal en moitos istios. Notase moito quer estamos no vrao, non hai noticias e hai que tirar do que sexa pra tentar mover o cotarro.

2 Vestido

Opino que algún dos señores/as nudistas deberían comer algo menos e facer algún tipo de deporte, ben sexa camiñadas ou cousa que se le pareciere.

1 Un galego

Gustaríame ver o teu atlético corpo... Seguro que lle dedicas horas ó ximnasio entre parvada e parvada na rede... :D

1 Ourense forever

Qué espectáculo tan horroroso