“Moitos investigadores abandonan ante os atrasos das bolsas da Xunta”

Quen pode investigar durante un ano sen saber sequera se vai ter dereito ás axudas predoutorais de Educación? Un novo colectivo de investigadores alerta que a Xunta xoga co calendario adrede para reducir o número de bolsas.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 18/07/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) critica os “os continuos retrasos que se están a producir na convocatoria das Axudas de apoio á etapa predoutoral por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia”. 

Investigadoras universitarias durante unha manifestación a favor do ensino público
Investigadoras universitarias durante unha manifestación a favor do ensino público

Segundo os datos recompilados polos licenciados, os mozos deben agardar até 10 meses non só para cobrar, senón para saber se lograron a bolsa. “Esta situación fomenta o abandono de moitas persoas que inician os seus estudos de doutoramento e tamén a súa precariedade, xa que nalgúns casos teñen que agardar un ano sen ningún tipo de recurso antes de poder sequera optar ás Axudas de apoio á etapa predoutoral debido aos continuos retrasos e aos erros de calendario que sistematicamente perxudican ás investigadoras e investigadores predoutorais”, explican nun comunicado.

Segundo explicou a GC Adrián Dios, un dos voceiros deste colectivo, este problema dáse en toda Galicia, porque son as bolsas que son da Xunta, e non afecta só aos investigadores da USC.

Dios asegura que “tivemos varias conversas coa Universidade e non se nos deu demasiada resposta”; polo que finalmente deron o paso de facer pública a súa protesta. 

Tedes constancia que a raíz destes atrasos hai investigadores que abanadonaron a carreira ou emigraron? “Moitísimos casos”, responde Dios a esta interpelación, aínda que sinala tamén que este é só un dos problemas que está a lastrar o I+D no país. 

O investigador apunta que “hai moitos  investigadores que teñen que agardar un ano para solicitar a bolsa, igual teñen que agardar todo o primeiro curso para poder solicitar a axuda, logo está por ver se cha dan ou non”. Segundo o seu relato, é frecuente que os mozos se matriculen en setembro e non dispoñan da bolsa até maio do ano seguinte, co curso preto da súa fin. 

Dios tamén explica que polo menos nunha ocasión a Xunta publicou a convocatoria das axudas en agosto, impedindo que se poidesen presentar os alumnos que finalizan o seu traballo fin de mestrado en setembro, que son o 90%.

A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), asociación que agrupa máis de 200 investigadoras e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela no seu Campus de Compostela, constituíuse este ano. 

Na súa opinión, Educación non pode alegar que se trata só dunha cuestión burocrática; pois isto “ non é casual, senón que responde á estratexia da Xunta de Galicia para recortar recursos ao ensino e á investigación, nunha estratexia de aforro onde investimentos fundamentais para o desenvolvemento económico de Galiza”.

GC pediu o punto de vista de Educación sobre esta denuncia pública, sen resposta polo de agora.

Este é o cadro elaborado pola AIC que resume os atrasos:

 

 

Plan

Ano

Quen a pode pedir?

Tempo de espera

Orde da convocatoria

Publicación da convocatoria

Proposta de concesión

Resolución
(no DOG)

Plan I2C

2011 - 2015

2012

Matriculados no curso 12/13

0 meses

18/07/2012

23/07/2012

22/10/2012

22/11/2012
(28/11/2012)

2013

Matriculados no curso 13/14

1 mes

02/08/2013

09/08/2013

07/11/2013

13/11/2013
(22/11/2013)

2014

Matriculados no curso 14/15

7 meses
 

28/11/2014

10/12/2014

08/04/2014

14/04/2015
(22/04/2015)

FSE Galicia 2014 - 2020

2016

Matriculados no curso 15/16

9 meses

17/02/2016

04/03/2016

10/06/2016

17/06/2016
(29/06/2016)

2017

Matriculados no curso 16/17

máis de 10 meses
 

29/05/2017

09/06/207

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta