O BNG lanza 'Estamos todas canda ti', a canción que "festexa" o dereito a un futuro "diferente"

Os nacionalistas apostan por unha "nova forma" de convocar a "tradicional" manifestación do Día de Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2017 | Actualizada ás 20:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O BNG lanza 'Estamos todas canda ti', o tema musical que "festexa" o dereito a un futuro "diferente" para Galicia, unha nova forma de convocar a tradicional manifestación do 25 de xullo simbolizando ao tempo "o apoio do partido aos artistas e creadoras galegas".

Diso deu conta a formación nacionalista nun comunicado no que explicou que, "a partir deste ano", pretende "convidar" a un artista ou banda galega diferente para "crear a canción do 25 de xullo".

Nesta primeira edición, foron os artistas Caxade e Xosé Luís Rivas 'Mini', este último deputado da formación, os encargados de compor o tema 'Estamos todas canda ti'.

UNHA GRAN MOBILIZACIÓN "SOCIAL, ABERTA E PLURAL"

Con esta convocatoria, o Bloque busca facer do Día de Galicia "unha gran mobilización social, aberta e plural" contra a "discriminación que soporta a comunidade por parte do Estado"; ao seu parecer, motivada pola "falta de actividade cómplice" do Goberno galego.

Así, queren promover unha manifestación na que "galegos e galegas reivindiquen a necesidade de cambiar o rumbo do país e abrir un tempo novo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta