Concentración para evitar o desafiuzamento dun matrimonio sexaxenario en Sada

Un matrimonio sexaxenario e o seu fillo corren o risco de quedar na rúa. A crise económica provocou o peche do seu negocio e as débedas provocaron que o banco fose contra o piso no que viven.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/07/2017 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Tras varias negociacións, o Banco Popular (agora Santander) voltou a pedir no Xuzgado de Betanzos que se fixara unha nova data para o lanzamento da vivenda deste matrimonio de Sada. O xuzgado  fixou o lanzamento para o 14 de setembro e denegou a moratoria ó desafiuzamento, seguindo a mesma liña argumental que empregou o banco porque, afirman, non se cumplen os requisitos de vulnerabilidade, sen especificar en ningún momento cales son eses requisitos incumplidos. 

Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo
Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo | Fonte: Stop Desafiuzamentos

Ademais, como tampouco cabe opción de recurso contra a resolución que denega a moratoria, a avogada que defende a familia soamente pudo presentar un recurso de apelación. “Os nosos compañeiros acusan á entidade de actuar de mala fe o negarlles información e están á espera da resolución do recurso fronte o lanzamento e a apelación, mentres que o xuiz considera que non hai lugar á nulidade de actuacións limitándose a afirmar que non se produciu indefensión”, apuntan desde Stop Desafiuzamentos A Coruña.

Por iso, convoca unha concentración, este venres 21 de xullo ás 12:30 horas, diante do Banco Popular do Cantón Grande para evitar este novo desafiuzamento. “Esiximos a paralización deste desafiuzamento e facemos un chamamento a toda a cidadanía para que mañá mostre o seu apoio os nosos compañeiros”, apuntan nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta