Temas: 25X EN MAREA ANOVA

Sánchez e Villares, xuntos no acto de En Marea, rebaixan as divisións no 25 de xullo

"A unidade popular non é facer un día de festa xuntos, constrúese todos os días", defende o dirixente de Anova.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2017 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A unidade popular non depende de como se celebre unha festa. É a idea na que coincidiron o portavoz de En Marea, Luís Villares, e Antón Sánchez, o seu viceportavoz na Cámara e dirixente de Anova, quen buscaron este 25 de xullo rebaixar a "transcendencia" de que as distintas formacións ligadas ao partido instrumental decidisen celebrar o Día da Patria con actos propios por separado.

Antón Sánchez e Luís Villares no acto de En Marea
Antón Sánchez e Luís Villares no acto de En Marea | Fonte: Europa Press

Aínda que as declaracións aos medios fixéronas nos seus respectivos actos, Sánchez e outros dirixentes de Anova, como o deputado no Congreso, Miguel Anxo Fernán-Vello, desprazáronse ao parque compostelán de Vistalegre para participar, aínda que brevemente no acto de En Marea.

Todo iso, cando está a piques de cumprirse un ano da asemblea fundacional de En Marea, en Vigo, e despois dun recente plenario no que se evidenciou a división existente no seo do partido instrumental. Unha impresión revalidada coa decisión das distintas forzas de celebrar o Día da Patria con actos diferenciados.

Fronte a esa interpretación, antes de regresar a Galeras, unha localización próxima na capital galega onde Anova celebraba a súa propia romaría popular, Antón Sánchez saudou a Villares, quen, posteriormente, proclamou que, con independencia de como se faga, celebrar o Día Nacional de Galicia é sempre "motivo de alegría".

"Nós sempre dixemos que a diversidade sumaba; o feito de que cada un festexe a patria de formas que son moi similares, para nós é motivo de alegría. O grave sería que non se celebrase o Día Nacional de Galicia", proclamou o portavoz de En Marea.

"Unha vez que estamos próximos, imos de campo a campo, botaremos un pé no campo de abaixo e os de abaixo botarán un pé no campo de arriba", bromeou Villares.

"A UNIDADE POPULAR CONSTRÚESE TODOS OS DÍAS"

Pola súa banda, Antón Sánchez, en declaracións aos medios xa en Galeras, proclamou a "unidade popular non é facer un día de festa", senón que "se constrúe todos os días".

"E Anova vén demostrando nos últimos tempos que, día a día, tamén construímos a unidade popular con xenerosidade porque, se nós estamos aquí, é evidentemente para que a loita teña sentido. E ten sentido se xuntamos ás persoas con intereses comúns", recalcou, antes de apelar a non darlle "outra transcendencia política".

Temas: 25X EN MAREA ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 25 mil na do bloque

o satanacio -vieiras estaba que se saia, tivo outro dos seus piores días, incluso empezaron a sairlle uns cornos na cabeza tipo "long horn" do gando ise de Texas que tren as cornamusas moi grandes, no seu pior dia miren si e verdade co ingresaron no chuac co nome de cristalina reboreda nugallana, afeitado coa barba e facendose pasar de muller... agora non vai poder voltar -Vieira mareada e confundidora, isto vai ser como decía lincon de que un home pode engañar uns poucos toda a vida, pode engañar a todos durante un tempo o que non vai poder e engañar a todos todo o tempo.... pero o .Vieiras non sabe de democracia e un autentico autócrata un autentico "férula do vello" a mandamasia caeu, para xa non levantar, no bloque non o queren nin que vaia de xeonllos nin arrastrándose polo chao... vai pasar como o mais traidor da historia da galiza mais que pedro madruga...

2 Que ben lideras Viyares

Eran 58 persoas, un ésito. Aínda case xuntou máis IU en Mugardos coa alcaldesa da Marea de Reganosa. http://www.ferrol360.es/el-suminist...

1 Gamela

Feirantes! (no peor sentido da palabra!) Aínda non pasou un ano dende que viñeron a Vigo a proclamar a unidade popular "En Marea" (e nunca máis volveron!) Pero en Vigo daquela xa vivían o tres da MdV (un de EU e portavoz, outro de Son, e outra de Anova!) e andan a bailarlle as augas no Concello a Abel Caballero e na Deputación a Carmela Silva! / Podemos Galicia sacou votos dabondo de Vigo e nin siquera teñen un Circulo Municipal en Vigo (e Monedero vén dar a súa charla a Pontevedra!) // Villares pensa "vivir da política" sen escoitar a ninguén (nin siquera aos Alcaldes de Coruña-Santiago-Ferrol) e ao Beiras nin lle deixan falar (por non ter pedido a palabra cun papeliño na urna!) BURÓCRATAS QUE ANDAN COMA OS FEIRANTES do Campo da Feira (Coordinadora) ao Campo da Festa (eso sí, pagados por todos nós!) // GALICIA SEN HOMES QUEDAS, QUE TE POIDAN TRABALLAR...!!! Tes en cambio orfos e orfas que sempre somos e seremos as xentes do común!

1 Galiza Conection

Gamela gamela... Canta xenreira, dicir que en marea lle baila as augas a Carmela Silva na deputacion... manda carallo. Que eu saiba quen ten asesores na deputacion de Pontevedra e goberna codo a codo co PSOE é o BNG de Lores. 40 anos rajando das deputacións e en canto poden entran a gobernar... En fin ou Gamela mellor explícanos que pasou na Deputación de Lugo?

2 Gamela

por dicir a verdade (que Rubén Pérez Correa / 38.761 euros/ano / 14 pagas de 2.769 euros de vellón) o fachendoso portavoz de MdV bloqueou a miña conta dende hai meses! Se tivera tempo e ganas contaríache de que van as "mocións" do amigo Chili na DEP (de risa por non chorar!) e levo meses preguntándome como se poden vender 40 pisos de propiedade municipal nun Concello con Superávit sen que ninguén movera un dedo para evitalo... Eu a todo isto chámolle ser COLABORACIONISTAS por moito que cacareen nas redes sociais (que eles mesmos censuran!) etc etc etc. // Non penses que só o BNG xoga a colaborar co PSOE (moitos máis viven do mesmo conto pero fano por baixo da mesa!) // Nestas alturas xa non trago os contos baratos! // https://twitter.com/Gamela2017

3 Gamela

cicais a cousa quede mellor explicada no "problema da esqueda" : https://goo.gl/L8xKOh