A Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Coruña pide a ilegalización da Fundación Franco

Queren "frear" o que consideran unha "continua e impune apoloxía do franquismo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2017 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) pediu ao Goberno central a "ilegalización" da Fundación Francisco Franco para "frear" o que considera unha "continua e impune apoloxía do franquismo".

Pazo de Meiras
Pazo de Meiras | Fonte: Europa Press

A CRMH solicita "normalidade democrática na liña do que fixo a Deputación da Coruña" anunciando, este martes, que "valoraría a posibilidade de denunciar á Fundación pola apoloxía do franquismo", e instando á Xunta de Galicia a que realice "unha comunicación nesa mesma liña".

"Nós suxerimos, a quen corresponda, á Fiscalía ou aos xuíces, que corrixan esta anormalidade e revisen as actividades desta fundación e que atendan ás súas manifestacións, que nos parecen moi próximas ao tipificado como delito de odio", engade a CRMH.

A Comisión reclama ao Goberno central que "interveña", ilegalizando a Fundación, en base á Lei de Fundacións ou aos delitos de odio tipificados no Código Penal. Mesmo remarca que, aínda que "non haxa leis que permitan actuar contra quen fai apoloxía do terror, utiliza o negacionismo para fomentar valores e prácticas antidemocráticas e despreza a memoria das vítimas do franquismo", asúmase "como urxente esta tarefa de dotar a un Estado democrático dunhas normas que protexan o seu carácter".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

O problema de Esquerda Unida (oximoron) e o seu "internacionalismo" é que deixan medrar as malas herbas na casa mentras viaxan fóra buscando especies exóticas coma a ANC dun tal Maduro ! E así nin fan o que deberan facer na casa, e fóra convirtense en catro pailáns chupando do bote constitucional !!! O mes de agosto é espléndido para facer o INDIO !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat...

1 Hioto

Poderían ilegalizar primeiro a CRMH da Coruña, pero facendo antes unha boa auditoría sobre subvencións e mamandurrias.