Temas: CORISTANCO PSDEG

A moción de censura de Coristanco, no aire

Nin a executiva nacional galega do PSdeG, nin a provincial apoian a iniciativa da agrupación local para facerse coa alcaldía co apoio do PP.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/08/2017 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

As executivas nacional e provincial do PSdeG instaron a "retirar" a moción de censura presentada no Concello de Coristanco polo único concelleiro socialista, Abraham Gerpe, e pediton buscar "saídas" para mellorar a xestión municipal.

PSOE de A Coruña
PSOE de A Coruña

Nun comunicado, a Executiva provincial destaca que houbo xa contactos entre o alcalde, Amancio Lavandeira, de Terra Galega, e o secretario xeral da Agrupación Local do PSOE en Coristanco, Aurelio Sánchez. Con eles, espera que se arranxe "unha situación complicada".

No seu comunicado, sinala que na reunión deste xoves a executiva acordou "instar ao concelleiro socialista a retirar a moción de censura", aínda que nas últimas horas o secretario provincial, Julio Sacristán, apelou á "situación excepcional" de Coristanco para xustificala.

A executiva provincial, tras as explicacións dadas polo secretario provincial, asegura que foi o PP quen fixo a proposta de dar a Alcaldía ao edil socialista. Tamén admite a existencia de reunións a nivel local e comarcal. Fronte ao manifestado polo secretario xeral da Agrupación Socialista de Coristanco, asegura que "unha maioría" dos seus membros "inclinouse" por levar a cabo a moción ante a "parálise" no Concello. 

NEGOCIACIÓNS

Sobre as denuncias respecto da perda de subvencións, admite que esta situación "prexudica" aos veciños de Coristanco, así como a "actitude" do alcalde "negándose a dialogar co concelleiro do PSdeG".

Con todo, confirma a existencia de contactos entre o alcalde e o secretario xeral socialista en Coristanco "para tratar de reconducir a situación". Unhas negociacións das que asegura esperan que sirvan "para buscar unha saída á complicada situación que atravesa o municipio sen ter que chegar a unha moción de censura".

Temas: CORISTANCO PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Breogán

Sacristán! !! Vai abanear as cordas pra que repeniquen as campás da igrexa do teu deus e deixa aos coruñeses acougados. Folgazan, que se non fora pola política morrías de fame.

1 Eu mesmo

Unha nova xogada do cancro do PSOE na Coruña e dos veciños de Culleredo, o tal Sacristán. A él si que lle tiñan que facer unha moción de censura. No 2019 cumpre 40 anos coma alcalde. Dura tanto coma o franquismo!!!