Extinguido o incendio de Maside e estabilizado o de Lalín

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2017 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio da localidade de Maside (Ourense) quedou extinguido ás 14,07 horas deste venres, mentres que continua estabilizado o rexistrado no municipio pontevedrés de Lalín.

O lume forestal de Lalín, na parroquia de Lebozán, que afectou a unha superficie de 31 hectáreas segundo as últimas estimacións, está estabilizado desde o xoves ás 19,35 horas. Iniciouse ás 14,56 do mesmo día. No dispositivo de extinción traballaron 5 axentes, 23 brigadas, 9 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 5 avións.

En canto ao incendio de Maside, que se iniciou ás 13,26 do xoves na parroquia de Garabás, quedou extinguido este venres ás 14,07. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 41'2 hectáreas, das que 36,2 son de arboledo e o resto de monte raso. No dispositivo, participaron 1 técnico, 8 axentes, 28 brigadas, 13 moto0bombas, 2 pas, 13 helicópteros e 4 avións.

Desde a Consellería de Rural lémbrase que está a disposición dos cidadáns o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta