Controlado o incendio forestal de Lalín (Pontevedra) tras queimar 36 hectáreas

A Consellería do Medio Rural dá por controlado o incendio forestal que afecta o mediodía deste xoves ao municipio pontevedrés de Lalín e que calcinou xa unhas 36 hectáreas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2017 | Actualizada ás 20:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá por controlado o incendio forestal que afecta o mediodía deste xoves ao municipio pontevedrés de Lalín e que calcinou xa unhas 36 hectáreas.

Segundo a información da Xunta, o lume, que comezou pouco antes das 15,00 horas do xoves na parroquia de Lebozán, quedou controlado pasadas as 19,00 horas deste venres.

Nos labores de extinción participan oito axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, cinco pas, 14 helicópteros e cinco avións. Segundo as estimacións actuais, a superficie calcinada é de 36 hectáreas.

Por outra banda, ás 14,07 horas deste venres quedou extinguido o incendio de Maside (Ourense), que se iniciou ás 13,26 do xoves na parroquia de Garabás e que calcinou unhas 41 hectáreas, das que 36,2 son de arboledo e o resto de monte raso.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta