Sada declara "non grata" á familia Franco e pide asumir as visitas do Pazo de Meirás

O PP abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular (PDSP) votou en contra nun pleno no que se condenou "o proceder" da familia Franco.

Por Galicia Confidencial | Sada | 12/08/2017 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O pleno extraordinario do Concello de Sada (A Coruña) aprobou este sábado declarar "non grata" á familia Franco polo seu proceder en relación ao Pazo de Meirás, un Ben de Interese Cultural (BIC) do que piden a súa "incorporación ao patrimonio público" e a xestión municipal das visitas.

As iniciativas que se debatían neste pleno extraordinario prosperaron cos votos favorables dos representantes de Sadamaioría, BNG e PSdeG, mentres que o PP abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular (PDSP) votou en contra.

O alcalde, Benito Portela, convocou este pleno extraordinario despois de ter coñecemento que a Fundación Francisco Franco asumira a xestión do programa de visitas deste monumento e que, segundo dixo a entidade nun comunicado, empregaría para honrar a memoria do ditador. Así mesmo, critica o incumprimento das visitas que están fixadas por lei.

Na iniciativa aprobada, o concello condena "o proceder da familia Franco" en relación coas súas obrigas derivadas do Pazo de Meirás, aos que declara "non gratos" como "expresión simbólica de rexeitamento".

Ademais, rexeita a xestión do programa de visitas a Meirás por parte da Fundación Francisco Franco á vez que "condena" as declaracións de "apoloxía do franquismo" desta entidade. De feito, consideran que esta decisión é "unha provocación a toda a sociedade galega en xeral" e "un anacronismo histórico" que a Xunta "non pode tolerar pasivamente".

Derivado desta cuestión, o pleno do concello pediu unha modificación da Lei de Fundacións co obxectivo de "impedir a legalidade de fundacións que fagan apoloxía do franquismo" e a aprobación dunha Lei Galega de Memoria Histórica para "impedir un ensalzamiento dos protagonistas da represión".

Franco no Pazo de Meirás
Franco no Pazo de Meirás

ASUMIR AS VISITAS E DEVOLUCIÓN DO PAZO

Como consecuencia do anterior, o Concello de Sada reclama que sexa o propio consistorio o que asuma o programa de visitas, unha cuestión que, apuntan, xa trasladaron nalgunha ocasión á Xunta.

A maiores, piden que se posibilite a "incorporación" do Pazo de Meirás ao patrimonio público a través dun estudo sobre a "apropiación" do inmoble e a constitución dunha Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, integrada por institucións, asociacións, partidos políticos, sindicatos e organismos que o desexen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Gustavo C

Patético. Seguro que los padres de los autores de esta estupidez eran los que más aplaudían cuando Franco venía al Pazo.

3 Antinostrus

O da Foto ao lado de D. Claudio Carniceiro quen é: Filgueira Valverde sen anteollos ou o Buscadismo e Descoñecidismo Pai do Noso Cipaiomononeuronal de Cabeceira, Porcus Nostrus???

1 nostrus

Cuando estes borracho no uses el ordenador porque te salen estupideces.

2 Amén

Cheira que fede!

1 O pp de sempre

O PP, coma sempre, pondose do lado do franquismo e evitando a condena das súas prácticas ditatoriais.