O Carballiño (Ourense) volveu converterse na capital mundial do polbo un ano máis

A localidade ourensá do Carballiño volveu a converterse, un ano máis, na capital mundial do polbo. Ata alí desprazáronse miles de persoas nun caloroso domingo para gozar dunha das principais citas do calendario de festas gastronómicas de Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2017 | Actualizada ás 18:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A localidade ourensá do Carballiño volveu a converterse, un ano máis, na capital mundial do polbo. Ata alí desprazáronse miles de persoas nun caloroso domingo para gozar dunha das principais citas do calendario de festas gastronómicas de Galicia.

Feijóo na Festa do Polbo do Carballiño
Feijóo na Festa do Polbo do Carballiño | Fonte: Europa Press

Como cada segundo domingo do mes de agosto, o parque municipal do Carballiño acolleu a Festa do Polbo, celebración de Interese Turístico Nacional.

Unha festa na que tamén participou o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen puxo esta celebración como "exemplo" da "Galicia acolledora e aberta".

"A nosa identidade fíxose sumando", declarou, segundo recolle un comunicado, o xefe do Executivo autonómico, quen lembrou que Galicia é froito da "suma de culturas ancestrais, como as que repousan no castro de San Cibrao de Las".

A continuación, chamou a seguir apostando "por unha Galicia tolerante e anfitrioa, que converta ao visitante nun galego máis".

A Festa do Polbo do Carballiño cumpre 55 anos en 2017 e está considerada como unha das principais festas gastronómicas de toda España.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Carlos Andrés

Me gustaría pedir disculpas en primer lugar por no redactar este comentario en Gallego, pero es que hace mucho tiempo que no utilizo este lenguaje y no se me entendería, lo dejo en español y así nos entendemos todos :) A mi me encanta el pulpo, personalmente es uno de los animales marinos más fascinantes de este mundo, tanta es mi afición por ellos que el otro día me vi el documental de el pulpo más grande el mundo y la verdad que es una auténtica pasada. Ya si nos ponemos en la cocina como en la noticia de este artículo, el pulpo es un manjar y en Galicia la verdad que son unos auténticos profesionales a la hora de cocinarlo, por eso es normal que sea la capital mundial del pulpo :) Saludos.

1 polvo

cando caerán da burra os galegos organiza "festejos" que fan todos a mesma trapallada de festas de comer, todas iguais, insoportables, incómodas, suxas, insulsas, marulas e de cero atractivo cultural-entretemento-gastronómicoc-musical-educativo?