Temas: AFOGADO VIGO

Aparece un morto flotando preto de Samil

As forzas da orde investigan a aparición dun cadáver flotando no mar en Vigo. O corpo foi localizado por unha embarcación de Salvamento Marítimo a uns 800 metros da costa, á altura do Museo do Mar, nunha zona próxima á praia de Samil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2017 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

O 112 Galicia tivo coñecemento do achado na noite do domingo, a través dun aviso da Policía Nacional. O corpo foi rescatado polos efectivos de emerxencia e trasladado pola Salvamar Mirach ao porto de Vigo.

Veraneantes na praia de Samil de Vigo
Veraneantes na praia de Samil de Vigo | Fonte: wikimedia hombredhojalata

Segundo informa o 112 Galicia, está previsto que este luns se lle practique a autopsia ao cadáver para coñecer a súa identidade e as circunstancias da súa morte.

Temas: AFOGADO VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta