A de Santiago, única universidade galega entre as 500 mellores do mundo

A USC é unha das once universidades do Estado que aparece no Ranking Sanghai das mellores institucións académicas do planeta, lideradas por Harvard.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/08/2017 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

Só Santiago. Nin Vigo nin A Coruña aparecen entre as 500 institucións académicas do Ranking Académico de Universidades do Mundo 2017 (ARWU), que realiza Sanghai Ranking Consultancy. A de Compostela sitúase no grupo do 301 ao 400, no posto 382 no mundo, e entre as sete mellores do Estado español.

Claustro de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela
Claustro de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Só once universidades do Estado aparecen entre as 500 mellores do mundo no ARWU, e en postos moi discretos. Por orde son: Universidade Pompeu Fabra (239, Universidade de Barcelona, (261), Universidade de Granada (268), Universidade Autónoma de Barcelona (302), Universidade Autónoma de Madrid, (303), Universidade Complutense de Madrid (313), Universidade de Santiago de Compostela (382), Universidade Politécnica de Valencia (448), Universidade Jaime I (463), Universidade do País Vasco (492) e Universidade de Valencia (495).

A mellor universidade do mundo segue sendo a de Harvard, no estado de Massachussets (Estados Unidos), por 15 anos seguidos. A tamén estadounidense Stanford mantense como a segunda mellor. Pola súa banda, a de Cambridge adiantou ao Massachusetts Institute of Technology (MIT) e a Universidade de Berkeley (California) e situouse na terceira posición. 

Country Rank Institution World Rank
1-3

Pompeu Fabra University 201-300
1-3

University of Barcelona 201-300
1-3

University of Granada 201-300
4-7

Autonomous University of Barcelona 301-400
4-7

Autonomous University of Madrid 301-400
4-7

Complutense University of Madrid 301-400
4-7

University of Santiago Compostela 301-400
8-11

Polytechnic University of Valencia 401-500
8-11

Universitat Jaume I 401-500
8-11

University of the Basque Country 401-500
8-11

University of Valencia 401-500

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

No top ten do jit parade. Os grandes éxitos en Ensino do duo Mariano & Feijoy ó situar as universidades españolas e galegas como as primeiras de Africa e Hispanoamérica. O país mais rico e desenvolvido do mundo segue a colleitar premios e demostrar que as suas políticas son as mellores da galáxia. HESPANA BA VIENNNNNNN.