Esquerda Unida acusa a Deputación de Pontevedra de financiar as touradas

As festas con touros na cidade de Pontevedra contan ano tras ano con financiamento público da Deputación. Esta é a denuncia realizada este luns a través dun comunicado por parte de Esquerda Unida.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 16/08/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

“Dende Esquerda Unida manifestamos a nosa repulsa fronte ao maltrato e tortura animal, desta vez manifestado no espectáculo taurino que tivo lugar esta fin de semana en Pontevedra no que se manifestaron centos de persoas, e que ano tras ano vén financiando a Deputación de Pontevedra a cargo dos orzamentos públicos”, indica a formación comunista, que non detalla en que consiste o suposto financiamento.

Manifestación de Touradas fóra de Pontevedra
Manifestación de Touradas fóra de Pontevedra

A crítica chega malia que o pleno da Deputación aprobou en 2015 que a provincia sería territorio libre de touradas. Este ano a administración provincial, gobernada por unha coalción de PSdeG e Bloque, volveu a tomar postura contra a tauromaquia, ao posicionarse contra a rebaixa no IVE ás touradas. 

Centos de persoas marcharon o sábado polas rúas da capital do Lérez contra as touradas. EU apela a este rexeitamento social para conseguir unha “Galicia libre de corridas de touros e maltrato aos animais”.

Contra as touradas
Contra as touradas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 UnCalquera

Onde están as probas Que partidas son as destinadas a este fin? Calquera pode facer un comunicado e dicir o que lle pete e non por iso ten que ser certo...

1 anonimo

Si por favor, probas xa. E por certo, a ver se tedes un pouco máis de coherencia los de la Izquierda Unida. http://blogs.deia.com/rincondelprot... http://sevilla.abc.es/andalucia/cor... En que quedamos? Ah, xa unha cousa aquí, outra en Andalucía... O de sempre tratándose de la "nueva izquierda alternativa".

4 tentan marear tentan enganar

PPorcos traidores expañolentos de podreiros... era no 2015 cando gobernaban o voso tísico e infecto peperolo... estades xa caendo como autenticas pedras nas enquisas das eleccions o podreiros perde mais de 2 millons de votos... a marea dos mareados xa non saca nada... o -Vieirismo rastreiro esta xa de capa caída, o vello mantense únicamente por inxestas de champan ... deixade de engañar rastreiramente o inocente e confiado pobo galego... a TAUROMAFIA E UN INVENTO DA ASASINA EXPAÑA!!!!! - podreiros meteu escola de tauromafia en aragon!!!! e cortoulle as orellas o finito Jorge, e triste ver o que organizaron, como manipulan os rosáceos de expaña... e despois danse de antitauromafios, pero non son rata que actua a favor do contaminante peperolo

3 comunista independentista

Lores&Silva Lda., antes Louzán&Lores Lda., a empresa garante da tortura animal españolista en Pontevedra. Viva el Bloque taurino y olé!

2 Un calquera

esquerda Unida podía denunciar tamen todos os concellos en España gobernados por eles q financian touradas a saco. E tamen sucede con podemos. Por certo q o seu último congreso foi nunha praza de touros privada , Vista Alegre. Como se lle chama a iso?, financiación indirecta?. Pois menos predicar e mais dar trigo...

1 Xonc

En Podemos e Izquierda Unida teñen un cacao montado de c.rallo. Din unha cousa e fan a contraria. Non o digo eu, falan Íñigo Errejón e PACMA https://www.google.es/amp/m.eldiari...

1 anonimo

Pois que se preparen os da rapa que calquera día empréndena con eles... Ganas non lles deben faltar a teor do que din os de "PACMA": http://www.elmundo.es/papel/histori... En fin... Gozade do votado.

2 Gozamos do votado

Pois si gozamos do votado se nos garante que desapareza a crueldade cos animais.

3 anonimo

Perdoa, consideras entón, polo que escribes que se deberían prohibir os curros? Creo que é de interese que os que así o defendedes o manifestedes. O próximo que é a matanza no porco nas casas? Tedes quizais un programa oculto que materializariades ao chegar ao poder os que vos dicides da "esquerda alternativa"? E que é de moito interese sabelo... https://blogs.20minutos.es/ciencias...