Declarados tres novos incendios en Porto do Son (A Coruña) e Palas de Rei e Carballedo (Lugo)

Segue sen control o de Chandrexa, que queimou 300 hectáreas, e quedan estabilizados os de Castro Caldelas e Monterrei

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2017 | Actualizada ás 21:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Galicia rexistra desde a tarde deste mércores tres novos incendios forestais, localizados en Porto do Son (A Coruña) e Palas de Rei e Carballedo, ambos municipios da provincia de Lugo.

Polo momento, entre os tres suman unhas 80 hectáreas afectadas, segundo as primeiras estimacións da Xunta, e aínda non puideron ser controlados polos equipos de extinción.

É o mesmo que ocorre no lume declarado o martes pola tarde en Chandrexa de Queixa (Ourense), que xa arrasou unhas 300 hectáreas.

En cambio, os outros incendios de grandes dimensións, nos concellos ourensáns de Castro Caldelas e Monterrei, foron xa estabilizados polo persoal contraincendios.

No primeiro deles, no que tamén traballaron efectivos da UME, arderon 250 hectáreas; mentres que no segundo son unhas 350 hectáreas as que foron queimadas.

CONTROLADOS

En paralelo, permanecen controlados os dous incendios rexistrados en Cervantes (Lugo), con case 100 hectáreas afectadas.

Na mesma situación atópanse os da Pobra de Trives (Ourense), de 20 hectáreas; e Montederramo (Ourense), de 42 hectáreas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta