Temas: CORISTANCO

TeGA impugnará pola vía administrativa o pleno que deu a Alcaldía a un ex-edil do PSOE en Coristanco

O novo rexedor, Abraham Gerpe, inicia a rolda de contactos cos grupos para conformar un goberno "aberto" a todas as formacións.

Por Galicia Confidencial | Coristanco | 28/08/2017 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Terra Galega (TeGA) impugnará pola vía contencioso-administrativa o pleno da moción de censura que deu a Alcaldía ao exedil do PSOE en Coristanco (A Coruña), Abraham Gerpe, co apoio de seis exconcelleiros do PP, agora no grupo de non adscritos.

Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGa), ex alcalde de Coristanco, con outros integrantes do seu partido
Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGa), ex alcalde de Coristanco, con outros integrantes do seu partido | Fonte: QPC

Así o sinalou en declaracións a Europa Press o exrexedor Amancio Lavandeira, sinalando que tras unha reunión cos avogados de TeGA decidiuse impugnar o pleno ao entender que se incumpriu a legalidade ao dar por válido o voto dun concelleiro do grupo non adscrito.

Este argumento foi rexeitado polo propio Gerpe, que defendeu que seguía actuando como portavoz do grupo socialista. "Nós acatamos e respectamos os informes xurídicos que hai", manifestou Lavandeira remitíndose a un escrito da secretaria municipal.

Del, dixo que sostén que Gerpe pertence ao grupo dos concelleiros non adscritos. "Os informes son claros", insistiu a este respecto. Por outra banda, denunciou "a manobra do PP" despois de que os seus edís comunicasen a decisión de pasar ao grupo dos concelleiros non adscritos.

En concreto, os seus dous militantes -o ata o venres portavoz popular, Antonio Pensado, e o concelleiro Juan García Velo- comunicaron a súa baixa do partido. Para Lavandeira, os populares "tiñan que adoptar" medidas contra os seus edís antes da sesión plenaria do venres.

GOBERNO "ABERTO" A TODOS

En paralelo, o xa alcalde de Coristanco, Abraham Gerpe, volveu a insistir este luns en que a súa proposta pasa por un goberno "aberto a todos", en referencia aos distintos representantes municipais. Con este obxectivo, iniciou unha rolda de contactos, que de momento se limitaron por agora a unha conversación "informal" por teléfono cos exediles do PP.

"Do goberno imos formar 13 persoas", asegurou en referencia a todos os concelleiros que conforman a corporación municipal de Coristanco e expoñendo concellarías a cargo de representantes de distintos grupos no caso de que así se acorde.

Con todo, dixo, poñendo como exemplo que aínda segue constituída unha xunta de goberno local cos concelleiros de TeGA, que "os que queiran marchar, terán que marchar".

Polo momento, e á espera de dispor da firma electrónica para exercer como alcalde, denunciou que "as facturas de teléfono están sen pagar". "Nun concello cun remanente de tesouraría de 4,3 millóns como presumiu Amancio Lavandeira", dixo cuestionando a xestión do ata o venres alcalde.

Temas: CORISTANCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O que debera facer o novo alcalde é encargar unha auditoría contable independente hoxe mesmo. E escanear e publicar todas as facturas dos últimos 5 anos. Iso sí que sería unha sorpresa agradable.