Xeoclip: Un novidoso proxecto educativo en galego desde Youtube

Conseguiu xa un premio á innovación polas súas novidosas técnicas educativas.

Por Galicia Confidencial | Malpica | 01/09/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Xacobo de Toro e Adela Otero son os impulsores dunha novidosa canle educativa. Chámase Xeoclip e consiste en lanzar vídeos explicativos sobre xeoloxía e ciencia a través da rede social Youtube.

Xacobo de Toro, impulsor de xeoclip
Xacobo de Toro, impulsor de xeoclip | Fonte: youtube

Tan novidoso e interesante é o seu proxecto que gañaron o premio #ProyectaInnovación: ”Que o pasen ben ca ciencia”. E o certo é que os vídeos educativos de Xacobo de Toro, un mestre do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños) e das súa compañeira Adela Otero, son dun gran nivel.

No marco do proxecto XeoClip, e durante unha licenza de estudos da Consellería de Educación, Xacobo e Adela están usando a rede como aula, para chegar con máis orixinalidade ás cabezas dos pequenos alumnos de xeomorfoloxía. Unha materia que sen dúbida, entra mellor cun pouco de modernidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alejandro Mendez

La verdad es que es un proyecto bastante bueno y educativo para los niños de la casa. Yo la verdad que el otro día me propuse baixa video do youtube para poder meterlo luego en la tablet y que mis hijos lo vean cuando están comiendo y mientras están aprendiendo cosas. De verdad que desde este comentario me gustaría dar la enhorabuena por estos vídeos tan buenos de Youtube :)