Descubrindo a fauna da Costa da Morte con ollos de Félix Rodríguez de la Fuente

Chisco Lema, ex alcalde de Corcubión, e gran aficionado a natureza abriu unha canle en Youtube para amosar a riqueza da fauna desta comarca.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 07/09/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

De re naturae. Ese é o nome da canle que Chisco Lema, o ex alcalde de Corcubión e gran coñecedor da fauna e botánica da Costa da Morte, abriu en Youtube. O seu obxectivo é, precisamente, dar a coñecer a riqueza biolóxica que atesoura este recuncho de Galicia. E faino co estilo dun dos grandes pioneiros nos documentais sobre fauna en España, Félix Rodríguez de la Fuente.

O lobo nun dos vídeos de Chisco Lema
O lobo nun dos vídeos de Chisco Lema

Nos últimos vídeos, ademais de falar do seu animal preferido, o lobo, tamén amosa a fauna típica do mes de agosto na Costa da Morte, entre as que salienta, ademais do lobo, o raposo, a aguia cobreira ou a cigoña negra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gallego

Muy interesante.

1 quédanos a retranca

é de agradecer que este home emprega a lingua da Galiza neste o seu projecto