Temas: XUNTA

Denuncian represión sindical no recinto da Xunta en Silleda

A adxudicación a unha empresa “imputada por tráfico de influencias” está na orixe do conflito , denuncian os representantes dos vixiantes de seguridade.

Por Galicia Confidencial | Silleda | 09/09/2017 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) relata que os seus membros estaban esta mañá repartindo panfletos informativos nas que denunciaban a situación dos vixiantes do recinto á entrada do evento “Galicia Net R Encounter”,cando responsables da Fundación tentaron expulsalos ata a chegada dunha dotación da Garda Civil. Segundo a súa versión, a forza de orde permitiu que continuasen coa reivindicación.

Recinto da Fundación Semana Verde
Recinto da Fundación Semana Verde

Ante isto, critican a actitude da dirección, que “lonxe de tentar buscar unha solución ao conflito coartan a liberdade sindical dos traballadores afectados e dos seus representantes sindicais”. Nin a Xunta nin a súa Fundación responderon polo de agora as acusacións sindicais.

Desde o sindicato, lembran que esta problemática comeza coa adxudicación do servizo de seguridade destas instalacións á empresa Alcor Seguridade, que din está imputada por presunta fraude á Seguridade Social, á Facenda Pública, trafico de influencias, falsidade documental e delitos contra os traballadores, entre outros.

“Ademais, unha vez adxudicado o contrato, a compañía de seguridade incumpre o dereito de subrogación de case unha vintena de vixiantes vinculados ao servizo, quedándose estes en desemprego, e obrigados a xudicializar esta situación ante o desamparo, indiferenza e pasotismo sufridos por parte da Fundación”, conclúen.

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta