A legalidade de Feijóo

Dazoito meses despois do seu discuros de investidura, pódese decir con rotundidade que o Gobenro Feijoo cumpreu escrupulosamente o prometido naquela sesión dun 14 de abril polo entón candidato.

Por Mar Barcón | A Coruña | 10/10/2010

Comparte esta noticia

Nuñez Feijoo, vencedor das eleccións autonómicas de marzo, xenuino representante desa “nova dereita” tan europea e moderna, dirixíase á Cámara para solemnizar”o meu Goberno espectará a legalidade e mesmo irá máis aló da legalidade”. Certo, moi certo. Basta unha ollada a este ano e medio para comprobar o exacto da súa promesa e o estricto cumprimento que fixo da mesma…

Só fixeron falla uns días para comprobar que o xa Presidente estaba disposto a ir “máis aló da legalidade”.. moito máis aló… A súa primeira decisión foi, precisamente, situarse “máis aló” e nomear un Goberno cuxa composición non respectaba o recollido na Lei reguladora da Xunta e do seu Presidente, no que atinxe á igualdade entre homes e mulleres. Nos meses seguintes tivemos coñecemento de Delegados da Xunta que malversaran fondos europeos, Xefes territoriais envoltos en oscuros asuntos, denuncias sobre supostas alteracións nos procesos selectivos de acceso á función pública, un Conselleiro que mentiu ó respecto da súa condición laboral e outro entrando e saindo do TSXG por ter asinado unha certificación final de obra cando esta non tiña nin escomenzado. Como se pode apreciar, “máis aló da legalidade”, certamente.

Feijoo respostou sempre con un certo desprezo a estas situacións, desvelando que aquela apelación á legalidade quedara agochada baixo os folios dun discurso solemne. Pero si nun asunto o suposto compromiso do señor Presidente quedou esquinado foi no escándalo que envolve á Autovía da Costa da Morte. Cando na súa pregunta a Feijoo, Pachi Vázquez enunciara que o expediente da licitación desta obra estaba cuberto de sombras, púxose de manifesto que o Secretario Xeral do PSdeG se quedara corto na súa denuncia: sobrecuste dunha infraestructura mantendo o mesmo proxecto, un informe de adxudicación que non resistía o mínimo exámen, demanda dunha das empresas afectadas, cese da Secretaria Xeral que presidía a Mesa de Adxudicación, apertura da causa polo TSXG e, finalmente o mércores, a anulación deste expediente dado que non era posible manter esta decisión verdadeiramente escandalosa..

Malia todos estos feitos o Presidente neguou unha e outra vez, mesmo en sé parlamentaria, que existese problema algún nun procedemento que pasará ós anais da administración pública galega polo que puido supor para as arcas dos galegos (recordemos que se propoñía gastar 200 millóns de euros máis sin explicacións) e polo que significa de incapacidade e chapuza administrativa – ou algunha cuestión peor - . Agora, este luns o Conselleiro comparecerá nunha Comisión parlamentaria, en medio dunha ponte festiva, tentando apagar os ecos do Pleno do martes e mércores donde o PSdeG lle pedirá explicacións e que asuma responsabilidades políticas. Engánase o señor Conselleiro si pensa que pode despachar este asunto cunha Comparecencia metid con calzador.. engánase o señor Conselleiro se pensa que os veciños e veciñas da Costa da Morte lle van tolerar este escándalo a costa dos seus dereitos e dos cartos dos galegos. Pero sobre todo engánase o señor Feijoo se pensa que pode seguir dándolle esquinazo á legalidade, e tolerando que o seu Goberno se sitúe máis aló da mesma… Non señor Feijoo, a Lei está para cumplila todos.. tamén o señor Hernández, tamén vostede.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA