Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/09/2017 | Actualizada ás 11:20
O actor arousán Carlos Blanco e o cómico e debuxante Luis Davila presentan no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) «Menú da noite», o seu novo espectáculo que mestura o debuxo e o humor.
A cita será o vindeiro sábado 16 de setembro a partir das 20.30 h e as entradas xa se poden adquirir na web Ataquilla.com dende só oito euros.
«MENÚ DA NOITE» DE CARLOS BLANCO E LUIS DAVILA
Logo do éxito acadado co espectáculo «Menú do día», Carlos Blanco e Luis Davila presentan o «Menú da noite». Nesta nova proposta Davila e Blanco cambian a saia escocesa polo traxe para viaxar a Broadway, onde exhibirán as súas dotes de bailaríns de claqué e incluso cociñarán caldo en directo.
Un traballo a dúo con risas aseguradas (e debuxadas) acompañado coa música de Kepa Junquera e Budiño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.