Temas: MúSICA

A piques de saír á venda as primeiras entradas para o Resurrection Fest

O Resurrection Fest Estrella Galicia 2018 celebrarase os días 11, 12, 13 e 14 de xullo en Viveiro (Lugo). Ademais, o vindeiro martes 19 sairán á venda os primeiros abonos do festival.

Por E.P. | Viveiro | 12/09/2017 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

En concreto, a organización deste evento, que cada ano se desenvolve na localidade costeira de Viveiro, sinala que dentro dunha semana poderán adquirirse os primeiros abonos do festival de tres días, de catro, e as 'Pandemonium' (entradas VIP), tamén de tres e catro días.

Resurrection Fest, edición número 12
Resurrection Fest, edición número 12 | Fonte: Europa Press

Os dous últimos anos esgotáronse este tres opcións e os organizadores esperan que volva ser así nesta ocasión, polo que recomenda estar atentos a todos aqueles interesados en aproveitar a primeira oferta a prezo reducido. A organización comprométese a montar de novo "algo máis que un festival" coa "mellor música e unha experiencia irrepetible". 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta