Descenden un 70% as hectáreas queimadas por incendios nas zonas patrulladas por militares, segundo Defensa

O número de hectáreas queimadas nas áreas de Galicia nas que actúan as patrullas militares descendeu este ano un 70% en comparación con 2016, segundo afirma o Ministerio de Defensa no seu balance sobre a 'Operación Centinela Gallego', publicado este luns.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2017 | Actualizada ás 16:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O número de hectáreas queimadas nas áreas de Galicia nas que actúan as patrullas militares descendeu este ano un 70% en comparación con 2016, segundo afirma o Ministerio de Defensa no seu balance sobre a 'Operación Centinela Gallego', publicado este luns.

Operación Sentinela nos montes galegos
Operación Sentinela nos montes galegos | Fonte: Europa Press

Un operativo no que, desde que o seu inicio o pasado 15 de xullo, participaron máis de 450 militares despregados en varias áreas da xeografía galega nas que, en 2017, non se produciron incendios que superen as 120 hectáreas de superficie afectada.

Deste xeito, o Ministerio de Defensa destaca que, ata o momento, o balance da 'Operación Centinela' en Galicia arroxa un resultado "positivo". Así, as patrullas percorreron "máis de 240.000 quilómetros" e deron "81 avisos": 31 de conatos, 19 de incendios e 31 de queimas.

No seu comunicado, Defensa resalta que "a alerta temperá facilitada polas patrullas contribuíu á rápida actuación dos servizos de extinción da Xunta" e tamén serviu para "previr" os lumes grazas á "disuasión" que exercen sobre os incendiarios.

Así, a Brilat foi a encargada de patrullar as provincias de Pontevedra e Ourense, mentres que os efectivos do Terzo Norte de Infantaría de Mariña (Ferrol) correron a cargo da vixilancia na Coruña.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta