Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/09/2017 | Actualizada ás 13:45
O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras participará este sábado na Praça de la Plana de Badalona no acto central das CUP da campaña a prol do Sí á independencia no referendo de autodeterminación de Cataluña do vindeiro 1-O.
O líder de Anova será o único gran representante do nacionalismo galego neste acto que contará, ademais, con representantes das CUP, de Anticapitalistas de Podemos, de Badalona en Comú, de EH Bildu e do SAT de Andalucía.
A Candidatura d'Unitat Popular foi un dos grandes impulsores do referendo en Cataluña. É un partido político independentista composto de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios. Defenden a conversión dos Países Cataláns nunha república independente.
Beiras xa ten participado en diversos actos a prol da independencia de Cataluña, o último nun encontro no dixital El Diario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.