O PPdeG ve unha "ocorrencia" a proposta de que Feijóo, Dorado e Oubiña comparezan no Senado

O PP pedira antes a comparecencia de varias cargos do Goberno de Venezuela. As peticións dos conservadores poden chegar a bo porto, dado que teñen a maioría na Cámara Alta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2017 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cualificou este venres de "ocorrencia" a petición de Unidos Podemos para que comparezan no Senado políticos como Alberto Núñez Feijóo, así como os narcotraficantes Laureano Oubiña e Marcial Dorado, para explicar os "vínculos" do narcotráfico e o suposto financiamento ilegal do PP.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

En resposta a preguntas dos medios, Miguel Tellado lembrou que o seu partido deu xa "explicacións" sobre o suposto financiamento ilegal "nos xulgados" e no Congreso dos Deputados.

"E non temos máis que engadir", sentenciou. "Creo que é unha ocorrencia, e nós, sobre ocorrencias, non temos nada que dicir", engadiu.

Unidos Podemos pedíu estas comparecencias logo de que o PP pedira as do xornalista Eduardo Inda e varias cargos do Goberno de Venezuela. As peticións dos conservadores poden chegar a bo porto, dado que teñen a maioría na Cámara Alta.

 

De feito, a creación desta Comisión interpretouse como a resposta do PP á Comisión de Investigación sobre as súas finanzas no Senado. A petición de comparecencia dos narcotraficantes foi rexistrada por un senador de En Comú Podem, Óscar Guardingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 O.Bejarano

E Feijoo pode dar unha volta no iate de Marcial Dourado no estanque do Retiro

1 Crema solar

Ocurrencia? Pois eu estou moi interesado como cidadán e contribuínte de escoitar unhas explicacións convincentes na Cámara Alta do Presidente de tódol@s galeg@s da súa relación tan íntima cun narcotraficante Digo eu...