Santos denuncia as prácticas do Goberno central: "Superan unha liña vermella que non se pode traspasar"

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, denunciou este sábado as prácticas mostradas polo Goberno central para frear o referendo do 1 de outubro: "Superan unha liña vermella que non se pode traspasar nun Estado de dereito".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2017 | Actualizada ás 19:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, denunciou este sábado as prácticas mostradas polo Goberno central para frear o referendo do 1 de outubro: "Superan unha liña vermella que non se pode traspasar nun Estado de dereito".

Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia
Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia | Fonte: Europa Press

En concreto, Carmen Santos, tal e como indicou Podemos a través dun comunicado, atópase viaxando a Zaragoza para participar este domingo na Asemblea prol referendo.

"Non hai ningunha escusa para que os que temos como patria á xente, e que estamos frontalmente en contra da corrupción e o malgasto público, permitamos que se vulneren os dereitos fundamentais dun Estado que se di democrático", argumentou a secretaria xeral de Podemos Galicia.

A continuación, tachou de "abusiva e intolerable" a actuación das forzas e corpos de seguridade do Estado contra os organismos oficiais, así como detencións "inxustificadas" e rexistros a medios de comunicación.

"Esta situación de excepcionalidade que se está provocando en Cataluña obríganos a todos e todas a levantar a voz a favor dos nosos dereitos máis básicos, e pedir con máis forza que nunca democracia e diálogo", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta