Adrián Pardo, proclamado presidente de Novas Xeracións co 86% dos votos

Releva a Diego Gago, chama a loitar contra os "populismos" e anima a facelo tamén desde a universidade

Santiago de Compostela | 23/09/2017 | Actualizada ás 21:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O coruñés Adrián Pardo foi proclamado este sábado presidente de Novas Xeracións, a organización xuvenil ligada ao Partido Popular de Galicia, co 86 por cento dos votos. Deste xeito, este mozo de Oleiros de 23 anos tomou as rendas de NN.XX. de mans de Diego Gago, actual presidente de Novas Xeracións en España.

Adrián Pardo presenta a súa candidatura a presidente de Novas Xeracións PPdeG
Adrián Pardo presenta a súa candidatura a presidente de Novas Xeracións PPdeG | Fonte: Europa Press

O seu obxectivo, tal e como subliñou na súa intervención, é seguir facendo de Novas Xeracións a organización juvenial "máis forte" de Galicia, así como un proxecto "atractivo" para os mozos galegos.

"Temos que ser o mellor escaparate do noso partido ante a sociedade e facer fronte ás mentiras e á demagoxia das organizacións de esquerdas", remarcou ante máis dun centenar de mozos de Novas Xeracións e ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; o portavoz deste partido no Parlamento, Pedro Puy; e a deputada en Madrid Pilar Rojo, entre outros.

A continuación, lembrou aos seus compañeiros do Partido Popular de Oleiros e asegurou que a organización xuvenil que agora lidera ten "un gran pasado e un gran futuro". En alusión a ese pasado, Adrián Pardo referiuse ao expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, nomeado este venres presidente de honra de NN.XX., quen este sábado non puido acudir a este congreso debido a un proceso catarral.

"LOITAR CONTRA POPULISMOS"

Albor, destacou o novo presidente de NN.XX., iniciou o "soño autonómico", un soño que, precisou, hoxe seguen todos os membros do PPdeG e de Novas Xeracións.

Pero ademais, comparou o Goberno de Carles Puigdemont co de Alberto Núñez Feijóo para facer fincapé en que un é a "antítese" do outro. Neste sentido, apostou por loitar contra os "populismos" e animou aos seus compañeiros de NN.XX. a facelo tamén desde a universidade.

EQUIPO

Acompañan a Adrián Pardo no Comité de Dirección o secretario xeral, Iago Acuña, e os coordinadores xerais Eugenia Biscaíño e Miguel Cid.

Ademais, Jorge Pan faise cargo da vicesecretaría de acción institucional; Seila Varela da de política social, deporte e igualdade; Avelino Souto da de medio rural e ecoloxía; Belén Domínguez da de política municipal; Jesús Rodríguez da de emprendemento e emprego xuvenil; e Noelia Gil da de comunicación e RRSS.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Stop

Outro colocadiyo. Metemos cartos no detfair para ver canto tarda en aparecer nalgún caso de corrupción? Eu poño que en menos dun ano vémolo procesado por algunha estafa relacionada co "emprendimiento". Marca PP de Galicia.

1 Raiano

Enoraboa mozo . sabes buscar a vidiña.......que Deus reparta sorte.