Temas: TRANSPARENCIA

O Porto da Coruña oculta o nome da empresa beneficiada por 11 contratos irregulares

Primeiro realízase o servizo e despois contrátase a determinada empresa, sen concurso público. Esta é unha das moitas irregularidades que describe o Tribunal de Cuentas nas obras do Porto Exterior de Punta Langosteira. Irregularidades -incluída a realización de traballos sen ningún contrato- que durante máis dunha década beneficiaron a unha mesma empresa.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 25/09/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O Tribunal de Cuentas auditou este ano as obras de Punta Langosteira ante o desfase na execución do Porto Exterior da Coruña. Entre as numerosas irregularidades identificadas polos fiscais públicos está “la adjudicación de 11 contratos de manera directa a un mismo contratista, a sus filiales o en UTE, en la mayoría de casos sin solicitud de otras ofertas".

Buque que atracó en Langosteira
Buque que atracó en Langosteira

Quen é a empresa beneficiada destas contratacións irregulares? GC realizou esta pregunta en varias ocasións a voceiros oficiais da Autoridade Portuaria de A Coruña (APAC), que finalmente negáronse a proporcionar a identidade da compañía gañadora dos concursos públicos.

O valor dos contratos públicos adxudicados irregularmente supera os 2,38 millóns de euros. As contratas no punto de mira do Tribunal de Cuentas estendéronse durante case unha década polo menos, entre 1997 e 2005.

As adxudicacións fixéronse, en teoría, para pagar asistencias técnicas sobre obras do máis variado: empezando pola conexión ferroviaria (en 1997 e cuxas obras aínda non empezaron hoxe) até os diques pasando polo plan de utilización. Unha relación completa dos contratos atópase neste pdf, estracto do informe completo do Tribunal de Cuentas.

Os contábeis de Madrid describen irregularidades de todo tipo. Por exemplo, “el contrato 741.28 Asistencia Técnica para la Redacción del Pliego de Bases para la licitación de las obras del Proyecto constructivo de las Nuevas Instalaciones Portuarias en Punta Langosteira se adjudicó el 26 de febrero de 2004 con posterioridad a la aprobación del Pliego de Bases que constituía la prestación del contrato, que se produjo tres días antes de la adjudicación, por lo que se había ejecutado el objeto del contrato antes de la adjudicación”. É dicir, primeiro realizouse o traballo e despois adxudicouse e pagouse a unha determinada empresa, mediante adxudicación directa, sen concurso público.

Enrique Losada Rodríguez, presidente da Autoridad Portuaria de A Coruña (APAC)
Enrique Losada Rodríguez, presidente da Autoridad Portuaria de A Coruña (APAC)

En total, a Autoridade Portuaria adxudicou sete contratos por valor de 566.000 euros a esta empresa, en palabras dos fiscais, “mediante adxudicación directa, sen solicitude doutras ofertas”. Noutros dous casos falta tanta documentación que o Tribunal de Cuentas non foi quen nin de determinar que procedemento se usuario para adxudicación. En catro ocasións, malia que se pagaron os servizos, “no se formalizó contrato, obligatorio”. 

A adxudicación de obras sen que houbese constancia de que a empresa tiña a solvencia técnica necesaria é outra das irregularidades descritas. Polo menos nun dos casos nos que a Autoridade Portuaria do Porto de A Coruña (APAC) si publicou un concurso, os contábeis non puideron comprobar que a empresa beneficiada era a máis barata. “El equipo fiscalizador no ha podido disponer del resto de las ofertas presentadas, lo que ha constituido una limitación para verificar si se trató de la oferta más ventajosa”, relatan. 

GC tamén preguntou a voceiros oficiais do Tribunal de Cuentas a identidade da empresa que apañou estas adxudicacións irregulares. O Tribunal non facilitou esa información, malia que na súa web presume que “a transparencia é un eixo fundamental sobre o que se asenta a nosa actuación”. 

Destes 11 concursos só un foi publicado no BOE, pero del só se publicaron as bases e non a adxudicación. Ao non revelar a identidade do constratista, o Tribunal de Cuentas permite na práctica que o Porto de Coruña poida seguir ocultando á empresa beneficiada das irregularidades.

Iso si, os fiscalizadores públicos tíranlle das orellas a APAC e ao Estado, que “debería ejercer de una forma más eficaz las labores de supervisión y control en los procedimientos de contratación y en su ejecución”, sobre todo nas obras pagadas en parte con diñeiro de Bruxelas “para evitar en la medida de lo posible la apertura de procedimientos de corrección financiera de los fondos comunitarios”.

Temas: TRANSPARENCIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Eu mesmo

Malo que o Porto da Coruña non o diga, mais, vos non podedes dicilo???.

2 forappeirosladrons

ladrons do PP que paguen o que rouban e reparten cos seus colegas que os apoian. Agora pretenden vender o que é de todos os coruñeses e coruñesas para compensar. Modus operandi da banda de frijolito e os seus narco empresarios (non os de netflix)

1 Fibela

De + a = da. Por tanto da Coruña, non "de A Coruña".