En Marea denuncia a "intervención ilícita" de institucións catalás

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anuncia que En Marea fará un "seguimento 'in situ' da xornada" do 1 de outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2017 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, denunciou a "intervención absolutamente ilícita" das institucións catalás por parte do Goberno e avanzou que unha delegación do partido instrumental viaxará a Cataluña para facer un "seguimento 'in situ' da xornada" na que se celebrará o referendo, que a Generalitat prevé levar a cabo o próximo 1 de outubro.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Europa Press

"Está a facerse unha intervención e faise de forma ilícita porque nin sequera se utilizan os artigos constitucionais previstos, como é o 155", manifestou o exmagistrado lucense nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento de Galicia e despois de que o Estado asumise a coordianción dos Mossos.

Na súa intervención, Villares acusou ao Partido Popular de "aproveitar o conflito" catalán para restar "dereitos civís e liberdades públicas". Así, cualificou de "intolerable" que tamén "se prohiban manifestacións pacíficas que buscan simplemente manifestar o desacordo coa política inmovilista do PP, que lle nega a palabra á xente".

Fronte a esta actitude "autoritaria" do PP, Villares a situado a En marea como a formación coa función de "defender os dereitos civís, as liberdades básicas, a democracia e as institucións de autogoberno cando son conculcadas".

"FACTURA POSITIVA"

Por iso, preguntado sobre se a postura do partido instrumental sobre o conflito catalán poderá pasarlle factura entre o electorado galego, o portavoz de En Marea replicou que o resultado será "positivo" nunha "sociedade como a galega, que quere máis democracia".

Ademais, precisou que unha delegación da formación acudirá a Cataluña, "convidada por distintas organizacións internacionais" para seguir 'in situ' o desenvolvemento da consulta sobre a independencia. Con todo, explicou que aínda non está previsto quen viaxará.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 Lozano & Lores SLU

Textual: <<"A por eles" e "eu son español, español" foron os cánticos cos que se despediron unidades da Garda Civil que partiron esta segunda feira de distintas cidades do Estado rumo a Catalunya. Os destacamentos do instituto armado vanse despregar co obxectivo de impedir a realización do referendo. Non se coñece ningunha manifestación de cargos do Ministerio de Interior de reprobación destas expresións de chovinismo anti-catalán>>. Poden levar o castrón fedorento do Nostrus como mascota, así é o nazionalfascismo españolista!!!

1 nostrus

Lo peor que le puede pasar al nacionalismo catalan es despertar al nacionalismo español, esperemos que no lo haga. Los que os sentiis acoplejados y os autoodiais por ser españoles podeis probar a pasar por el quirofano para ver si se os cura, pero mientras tanto tendreis que sufrir y soportaros. El referendum es obligatorio pararlo porque es ilegal, tan ilegal como saltarse un stop aunque no venga nadie. Cataluña es una gran region, incluso a pesar de lo separatas.

2 Balbino Fernández

O referendo é ilegal, iso é unha simpleza, sábeo un cativo. Ilegal para a lei española, vale? E pode haber lei inxusta? Carai, iso para Nostrus é moito pensar! Tan ilegal como a preta que sentou no lugar reservado aos brancos en plena democracia USA ou Sudafrica, tan ilegal como pretender libertar o escravos que o mesmo Papá de Roma bendecía, como ilegal era o dereito á folga, a votar e dispoñer de bens as mulleres... Grazas a todos e todas as que cometeron ilegalidades avanzamos! As conquistas son contra a lei establecida, sempre! E xa daquela tiveron que convencer ou derrotar ao Nostrus de turno que se aferra a lei vixente para impedir a liberdade!

3 nostrus

Lozano & Lores SLU. Para los creyentes católicos tambien el Cielo es una nacion, pero yo me refiero a naciones juridicas y no me entrometo en creencias y espiritualidades como las que teneis los ultragallegos y los que no lo somos no tenemos porque comulgar con vuestras creencias y supersticiones. Los que apoyais el referendum ilegal catalan tambien seriais capaces de apoyar el golpe del 36 que tenia de aquella mas seguidores que tiene hoy el independentismo catalan y tambien tenian sus argumentos, pero no pasaba de ser un golpe ilegal.

4 Fada-raposa

"naciones jurídicas" di o faccioso, como se fose categoría natural ou divina. Son construcións políticas, inventos humanos, igual de válidas, de caducas e de útiles unhas que outras. Nacións xurídicas foron Yugoslavia ou a URSS, a República Democrática Alemana, e olla onde van... E non terxiverses: os teus no 36 deron un golpe autoritario, violento, asesinando civís, e os teus de novo, agora en 2017, con militares, con violencia, con imposición, impedides que os cidadáns decidan o seu futuro. Votar, pra un demócrata é unha festa, para un fascista un delito. E ti de quen ves sendo?

3 nostrus

En Marea ira a Cataluña a unirse a los sepa-ratas para darse calor mutuamente y asi creerse poseedores de la verdad absoluta, igual que si un drogadicto se siente arropado por otro drogadicto creerá que los dos son guais. Las conclusiones a las que va llegar a partir del dia dos, si quiere, las puede explicar ahora, porque ya las tiene decididas indistintamente de lo que pase. Estos aquelarres independentistas en los que se dan jabón mutuamente, demuestran que el referendum, de hacerlo, tenemos que participar todos y de momento ya cuentan con la complicidad de los mareados.

1 Ana

Nostrus, non te subas tan alto, que caerás de novo e vai ser duro! Estás exultante, de novo os fascistas quitastes representación na Alemaña, tampouco alí aprenderon a lección. Acabaremos de novo cazando as ratas, pero antes ti chorarás polas perdas das posesións, comenzando por Cataluña! E coidado coas Baleares! O réxime do 78 coa vosa Prostitución Expañola está podre, grazas a Marrano Raxoi e a Ciumarranos do neofascista Rivera por ser tan torpes e inflexiveis, sen querer prenderon un fogo que non vai apagarse. E grazas a fascistas coma ti Nostrus, estádelo conseguindo!

2 nostrus

Ana, chámasme feixista non sei por que, agás que sexa para desparasitarte, desestresarte e resetearte, pero eu non teño culpa do teu complexo e autoodio. O réxime do 78 é o mais demócrata e o de mais consenso que houbo nunca en España e os que vos gusta mais a constitucion do 31 é porque non a coñecedes. A Constitucion española foi refrendada polo pobo soberano e supon un punto de encontro da inmensa maioria da sociedade e na que estan recoñecidos todos os sentimentos e aos que non vos gusta é porque sodes unhos egoistas e só pensades en vos e queriades unha que vos gustara a vos solo. Diferenciadesvos do franquismo en que vos sodes golpistas só en grao de tentativa e frustrados.

3 Ana

Nostrus, a maioría dos que votastes a Prostitución do 78 estades mortos. Así de claro: mortos físicamente na amplísima maioría, e os poucos de máis de 60 anos que pudestes refrendar o que vos colou o franquismo estades mortos no intelecto. Tedes a cabeza sometida polo esencialismo patrioteiro español: o aberrante nacionalismo españolista dos fascistas. Se non recoñeces a túa doenza mental, mal podemos axudarche. Agora ben, se es feliz perseguindo ás persoas que piden liberdade de escolla, segue así como bon nazionalista españolista.

4 nostrus

Pois non Ana, a Constitucion do 78 si sigue en vigor é porque lle vale a inmensa maioria dos españoles e si houberamos querido houberamola cambiado, ¿quen nolo impediria?. Si sodes catro que non vos gusta tocaravos vos roela, porque non vamos modificala para que unha minoria estedes a gusto e a disgusto o resto da inmensa maioria. Respeta a pluralidade lingüistica oficial, ¿cando antes era oficial o galego?, aparecen as autonomias. Os eternos descontentos estades condenados a vivir eternamente descontentos, sodes simples almas vagando en pena. Boa noite Ana, e a soñar coa independencia, que é todo onde podedes chegar.

5 Ana

Nostrus, nin as autonomías nin a oficialidade do galego comeza coa sagrada Prostitución. Erras por fanatizado e pouco lido. Acaso non hai documentos oficiais a moreas, protocolos notariais por exemplo, antes de 1978? Sabes que antes de 1978 Galiza tivo presidente, ou Parlamento? Non falo de ir nin ao 36, e si dos anos setenta! Logo, cando chegou a Prostitución, o galego e á autonomía xa estaban aquí! Galiza é unha NACIONalidade antes da Prostitución! E dicía don Manuel que nacionalidade é igual a nación (e non vas ser ti, indocumentado bastardo, quen para contradecilo). Que non vos guste, a él ou a ti, é outra cousa! Non nos vendas unha mentira! E non te confundas: unha non é nacionalista, ti si españolista; nin ten nada que decidir sobre Cataluña, ti si queres impedir; nin sabe se votaría aquí, ti impedirías votar; ... polo tanto só resposto a un provocador fascista.

6 nostrus

Ana, nacionalidade é relativo a nacion, pero non é sinónimo. O concepto de nacionalidade da Constitucion refierese a "sentimento de nacion" e púxose asi para que os naciotas tiverades unha "goma de mascar", pero nada mais. Por outra banda, para ser nacion fan falta dous conceptos, un é selo e outro estar recoñecido como tal, e como ves ningun dos dous se cumplen e todo o que hai é o ruido que fadedes os que mentides usando o termo "nacion", algo no que posiblemente creades baseandovos nunha confusion e que merece o mesmo respeto que os que cren en Deus. A unica etapa en que poderiamos dicir que en España houbo dus nacions foi entre o 36 e o 39, que ademais se levaban mal e estaban en guerra

7 Lozano & Lores SLU

Nostrus, nin idea, estás abducido polo fanatismo e o papanatismo do rancio españolista. Xa cho dixeron, revisa o que di a RAE, Julián Marías, ate Peces Barba... Nada sospeitosos, igual que o que dixo Fraga. Es ignorancia supina: "para ser nación fan falta dous conceptos, un é selo"!!!!!! Bravo, único: para ser porco hai que selo primeiro!!!! Será decisión divina o que levou a Filipinas ou a Cuba a separarse? Explica como foi que Tarradellas foi recibido e considerado presidente de Catalunya sen Constitución nin Estatut? Non será que hai unha nación, un pobo, unha comunidade, uns dereitos anteriores á Constitución do 78?

8 Lozano & Lores SLU

Acaso a túa crenza na unidade de España é menos crenza que os que acreditan na diversidade ou na separación? Acaso o teu deus é superior? Acaso o matrimonio de homosexuales é menos que o dos heteros por que catro fascistas do vello réxime querían reservarse a exclusiva para a familia bendicida pola igrexa franquista? Non será a túa nación igual de apreciable ou despreciable que a dos outros? Se aínda pensas que é superior, entón es supremacista: fascista españolista!!! Non será que hai unha nación, un pobo, unha comunidade, uns dereitos anteriores á Constitución do 78?

2 anonimo

Menos mal que sempre quedará Pla e a retranca. http://www.elnacional.cat/es/politi...

1 Ulises

Sempre admirei a Josep Fontana, un moi lúcido historiador. Creo que vale a pena pararse a ler esta entrevista. Moita máis dende logo que escoitar os vellos cantos de demagogos do nacionalismo galego invitados polos cupaires. http://www.eldiario.es/politica/bat... E o noso futuro. E o futuro dos vosos fillos. E moito pedir que reflexionemos todos? E moito pedir que uns e outros pensemos nas consecuencias? Sei que é máis fácil escoitar os cantos de sereas dos endeusados por vós... Pero eu, só escoito a miña razón e non os cantos de sereas dos que non saben vivir sen dar " a nota".