Pasa a disposición xudicial o detido por supostos abusos sexuais nun local de copas en Chantada (Lugo)

O individuo detido o domingo pola Guardia Civil como presunto autor dunha agresión sexual denunciada por unha muller nun local de copas de Chantada (Lugo) pasou a disposición xudicial na mañá deste martes.

LUGO | 03/10/2017 | Actualizada ás 11:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O individuo detido o domingo pola Guardia Civil como presunto autor dunha agresión sexual denunciada por unha muller nun local de copas de Chantada (Lugo) pasou a disposición xudicial na mañá deste martes.

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, o home arrestado, A.C.L., de 41 anos e nacionalidade dominicana, foi posto a disposición xudicial sobre as 10,30 horas deste martes.

A detención produciuse por mor de que unha muller denunciou no cuartel de Chantada una suposta agresión nun local ás 7,00 horas do pasado domingo por feitos sucedidos na noite do sábado ao domingo.

O presunto agresor, que foi arrestado na tarde do domingo, permaneceu detido en dependencias da Guardia Civil de Chantada ata pasar este martes a disposición xudicial.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta