Temas: LUGO

Quen foi San Froilán?

Estes días celébrase unha das festas máis importantes de Galicia, o San Froilán, en Lugo. Pero quen foi este santo que tamén é venerado en León?.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 04/10/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

San Froilán nacería en Lugo, no barrio do Carme, ó pé da muralla en torno ó ano 832. Algúns din que ladrón na súa xuventude, tras decidirse a estudar para sacerdote, con 18 anos, abandonaría a casa paterna para vivir como ermita, segundo algunhas fontes conmovido polas persecucións mozárabes de Córdoba do ano 850, segundo outras, arrepentido dos seus pecados. 

Imaxe de San Froilán
Imaxe de San Froilán

Trala súa conversión marcha para as montañas de Lugo onde vive durante anos de xeito ermitaño, viaxando polos montes de O Cebreiro e o Bierzo na compaña dos seus libros e mais dun asno que o acompañaba infatigablemente, pasando a maior parte dos seus anos na lendaria gruta de Rutelán no val de Valcarce. Coñece toda a súa historia no portal Historia de Galicia.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta