Receitas para acadar o éxito na era dixital

Tino Fernández, de Altia; o profesor de Innovación Enrique Dans; David Tomás, de Cyberclick e Juan Carrillo, de LinkedIn, falarán de talento e transformación dixital.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Talento e éxito na era dixital. Esa será unha das principais temáticas da “Xornada Transformación Dixital e Talento”, un ambicioso evento que porá en contacto a empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital o vindeiro día 16 de outubro. 

Facendo negocios por Internet
Facendo negocios por Internet | Fonte: Universidade de Navarra - Flickr.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) son os organizadores deste evento nos que participarán, entre outros, Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, Director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick.

O Auditorio 2 do Edificio CINC Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela,  acollerá as charlas en horario de mañá. A xornada está dirixida ao público en xeral e en particular a estudantes universitarios, previa inscrición en eventos@cpeig.gal ou https://XTdT.eventbrite.es. O mago mentalista Javier Luxor actuará de condutor do acto e mesmo realizará algunha pequena actuación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Whatsapp

Gran evento al que voy a acudir. Como curiosidad, comentar que se ha creado un grupo por wasap donde los participantes pueden unirse para que no se pierdan las últimas novedades.