O Ministerio de Cultura permite a desfeita dun xacemento único en España

As obras de urxencia que se realizaron no Porto Exterior da Coruña arrasaron cun castro da primeira Idade do Ferro, único na Península Ibérica, para continuar as obras.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/11/2010 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O director de culturagalega.org e blogueiro Manuel Gago informaba este mércores do achado dun castro da primeira idade do Ferro (s. IX-V) que cambiaría a arqueoloxía galega se non fora porque o propio organismo encargado de velar pola súa conservación, o Ministerio de Cultura, permitiu a súa destrucción.

None

Os feitos remontanse a xaneiro de 2005. Entón, Puertos del Estado, ente que depende de Fomento, encargalle á empresa Arqueología del Noroeste, que dirixe J.A. Cano Pan,  unha escavación de urxencia nas obras que se están levando en Punta Langosteira para a realización do porto exterior da Coruña.

Os descubrementos que se van facendo sorprenden ao mundo arqueolóxico pola magnitude do xacemento. É un castro, pero non como os que coñecemos. Tal e como conta Manuel Gago, é máis antigo e nel non se atopan instrumentos que denoten traballo no campo ou no mar. Máis ben, todo o contrario, parece tratarse dun xacemento metalúrxico, unha factoría metalúrxica,  que cambia a visión que se tiña dos primeiros castros polo seu ordeamento urbanístico e o desenvolvemento tecnolóxico.

Escavación en tempo récord

Con todo, e polas características da obra portuaria, os achádegos non se fan público e as obras de urxencia do castro rematan nun tempo récord; sete meses. Portos do Estado decide seguir coa obra co consentemento do director da excavación o que provoca que se estrague un xacemento único en Galicia.

Ata o de agora, o informe final desa excavación estaba depositado na Dirección General de Bellas Artes desde 2005. Precisamente, foi este órganismo, a través de  María Dolores Fernández-Posse --hoxe xa finada--, arqueóloga funcionaria encargada dese expediente dentro da Dirección General de Bellas Artes, quen lle encargou a obra a Arqueología del  Noroeste sen contar coa Xunta de Galicia.  Precisamente, ao ser terreos do Estado, é o Ministerio de Cultura, en mans do PSOE, o encargado de dar as atorizacións pertinentes de escavación.

Informe

Ese informe, ao que tivo acceso Galicia Confidencial, non ten desperdicio e amosa as intencións da empresa e do Ministerio de Cultura por acelerar a intervención arqueolóxica para que se continúen coas obras do Porto exterior. O prioritario na escavación de Langosteira era a liberación dos terreos, malia a intención inicial do equipo arqueolóxico:

“En este caso el planteamiento teórico de la excavación se orientó
sobre la base de una intervención, que aunque no obviaba su carácter
de producto de una necesidad de iniciar la construcción del puerto
exterior y por tanto de ser una urgencia arqueológica, se orientó con
planteamientos de investigación. Por todo ello no se trataba de
resolver de forma rápida la excavación sino de aprovechar la
oportunidad que se presentaba para excavar e investigar de forma
completa un recinto fortificado. Este planteamiento que desde el
primer momento contó con la aprobación e impulso de la Aautoridad
Portuaria de A Coruña fue la que desde el primer momento se trasladó a
la arqueóloga del Minsiterio de cultura Mª. Dolores Fernández-Posse”.


O poder de Cultura

Unha situación na que ten que ver o propio Ministerio de Cultura que é quen dita as ordes tal e como se queda reflexado:

“El proceso de excavación del yacimiento se ha adaptado al esquema
propuesto en el proyecto de intervención y  la recomendaciones de la
Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales que se plasmaron
en una posterior adddenda remitida.
Escaváronse 5.500 metros cadrados, la totalidad de restos conservados,
entre estructuras defensivas, habitacionales y el resto de estructuras
asociadas”.


O informe valorativo é moi pobre e inclúe unicamente catro páxinas sobre os materiais arqueolóxicos recuperados con fotos. Tamén se fixeron moldes e traslado de estruturas. O obxectivo non era tanto conservar o xacemento, senón tentar facer unha posta en valor do xacemento, tal e como xa apuntou Manuel Gago.

A empresa arqueolóxica recibiu instrucciónns puntuais para supeditar o seu traballo ao da continuación das obras do Porto Exterior:

“Propuesta de liberación total de la superficie del yacimiento.
A la hora de realizar la presente propuesta ya estaba liberado, por la
necesidad de construir el muelle provisional que invariablemente tiene
que estar finalizado antes del próximo invierno, el sector Sur del
yacimiento, tal y como se había propuesto en el primer informe
valorativo según el acuerdo de la Dirección General de Bellas Artes y
Bienes Culturales del 7 de ulio de 2005.


Una vez finalizada la excavación completa del yacimiento arqueológico y tras desmontar la totalidad de las estructuras, restando únicamente por concluir la retirada de una parte de la última cabaña que se va a trasladar (cabaña nº 21), que e espera finalizar el 20 de septiembre, se propone que se libere la totalidad de la superficie del yacimiento, aun no liberada, para que las obras puedan continuar con normalidad”.

Quen manda?

As conclusións do debandito informe deixan ben claro quen mandaba nesa intervención e que a obra era a que se impoñía ao criterio dos técnicos:

“Consideraciones finales.
Con la presente excavación arqueológica se ha dado cumplimiento a la
Delaración de Impacto Ambiental y a los diferentes acuerdos de la
Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales.
Se ha excavado completamente el yacimiento agotando el sedimento
susceptible de contener vestigios arqueológicos, finalizando los
trabajos de excavación que finalizaron el 6 de septiembre. Resta por
retirar parte de la estructura nº 21 que se espera finalizar el 20 de
septiembre.
La excavación arqueológica ha poido documentar un poblado de los que cronológicamente se podría encuadrar en una fase temprana de los que se viene denominando mundo castreño con tradiciones constructivas y
artesanales que vienen de momentos anteriores y que se prolongarán, en
parte, hasta constituir la fase plena de este momento histórico de la
prehistoria gallega”.

O informe está escrito en estilo telegrafico, facéndose por veces inintelixible e reiterativo e denota a rapidez co que foi feito, ao igual que a propia obra de urxencia, como queda claro neste parágrafo:

“Este poblado se presenta, sin entrar en las posibles fases de
ampliación del mismo, que las ha tenido, como un elemento unitario y
homogéneo, no hay superposición de estructuras en el hábitat, al
menos, lo que se corresponde con el momento de máximo esplendor del
poblado, que sin duda refleja un único momento de ocupación permanente
que se desarrolló en un 'lapsus ' lo suficientemente amplio para
configurar el hábitat existente, pero dentro de un marco sincrónico
largo y que no ha debido de ser excesivo ya que no se aprecia
superposición de estructuras”.

Finalmente, a empresa arqueóloxica recomenda “tratar museísticamente” os restos, xa que non se van poder conservar, e aposta por “liberalizar” o resto do xacemento para que continúen as obras:

 “También se ha recuperado estructuras y vestigios que una vez tratado
museisticmaente permitirán la completa comprensión del poblado
escavado lo que unido a la información que aportará el análisis de los
restos permitirán recuperar para la sociedad una visión más clara de
los incios de la sociedad castreña.
Por último, se propone la libvrazalización del resto de la superficie
que ocupaba el yacimiento para que las obras del puerto de Punta
Langosteira puedan seguir su curso.
Oleiros, a 7 de septiembre de 2005.”

Uso político

Este informe, que está na Dirección General de Bienes Culturales, demostra a intencionalidade política das obras arqueolóxicas de Punta Langosteira.

O caso lembra moito ao acontecido cos castros do Neixón cando o concello autorizou a ampliación do Centro de Interpretación arrasando con estruturas do chamado castro grande. A desfeita de Neixón foi consentida polo Concello de Boiro, no que gobernan PSdeG e BNG, e que non atendeu aos requerimentos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta porque levou o expediente directamente á Delegación e Cultura de Coruña, tamén en máns do PSdeG.

O mesmo aconteceu en Baiona, gobernada polo PP, cando unha pala destrozou varios petroglifos. As obras foron autorizadas polo concelleiro de urbanismo deste concello e tenente alcalde, Camilo González Giraldez que, ademais, é o presidente da comunidade de montes onde se ubicaban os xacementos.

No caso do castro de Punta Langosteira as autorizacións e permisos viñeron por parte do Ministerio de Cultura para unha obra que depende
do Ministerio de Fomento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

11 Lugh

¿ 5 anos pra redactar unha memoria de escavación...? iso non é un arqueólogo, é un ANALFABETO.

1 coruña

Normalmente un arqueologo non traballa so na memoria dunha intervención sino que ten que continuar traballando tamén noutras intervencións arqueolóxicas, senon non comería, porque normalmente e moi pouco o que pagan polas memorias. Por outra banda hai memorias de 20 páxinas e memorias de verdade que é do que estamos a falar. Non é o mesmo unha intervención duns sondeos que unha escavación completa dun xacemento, e si se quere facer un bo traballo leva moito tempo. E polo que sei non sei os estudos que terás ti pero o director desa escavación de analfabeto non ten nada.

10 coruña

Ca maioria dos xacementos que estan no medio dunha obra publica, faise o mesmo, polo que non entendo como arqueóloga a que ven isto.Solidarízome cos responsables da escavación xa que, polo que sei, fixeron un traballo perfecto na súa metodoloxía, recuperando pezas, moldes, e incluso algunhas estruturas. Sei tamén que o director está a piques de rematar a memoria. Calqueira arqueologo sabe o que leva facer unha memoria así, de feito moitos nin as entregan. Tamén saben o que é un informe final que hai que entregalo aos poucos días de rematar unha intervención e polo tanto é de poucas palabras e imaxes. Pero unha memoria poden ser centos de páxinas, imaxes, gráficas....Así que o ocultismo está na mente calenturienta dalgúns, porque que eu saiba moitos representantes de distintos organismos da cultura visitaron o xacemento. E inxusta a crítica. E si non non faigamos mais obras porque case todas atopan algún xacemento, o non o sabían?

9 José

Mais uma vez a Espanha a atentar contra nós e a nossa dignidade histórica nacional e orgulho de galegos! Quero agora berrar bem alto para que se escute: INDEPENDENCIA!!!

8 Tarde piastes!

Onde estábades cando pasou isto? Grande dos notables da cultura rexional sabían disto... Tarde piastes, caros amigos!

1 Tarde piastes! (II)

http://www.lavozdegalicia.es/hemero... En 2005 xa se falaba de que sabían 5 anos antes. Eu xuraría que oín falar del, incluso antes.

7 Anti-tuzaros.

Se fora unha praza de touros xa verías que rapido se movian.

1 Anti-taurino

Si fora unha praza de touros xa verias... que bos estudos sobre a relación vixente entre "la fiesta nacional" e o home das cavernas