Pedro Sánchez e Pablo Iglesias visitan Galicia para coñecer in situ os efectos dos incendios

Os líderes do PSOE e de Podemos chegan este martes ás zonas afectadas polos lumes.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/10/2017 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Logo da chegada do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, hoxe visitan os lugares arrasados pola vaga de lumes en Galicia os secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e de Podemos, Pablo Iglesias, para coñerce in situ os efectos dos incendios.

Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos)
Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: RTVE.

Sánchez chega co obxectivo de trasladar o afecto e solidariedade do seu partido  cos afectados. Así o anunciou o portavoz da Executiva Federal, Óscar Puente, que trasladou o pésame do PSOE aos familiares das catro vítimas mortais que deixaron os incendios e que tamén tivo unha mensaxe de solidariedade para co pobo portugués, onde o lume deixa xa un balance dunha trintena de falecidos.

Tras eloxiar o traballo de operarios e voluntarios nos labores de extinción, así como aos cidadáns que están a demostrar a súa solidariedade ofrecendo aloxamento a quen se quedaron sen casa, Puente expresou o "absoluto rexeitamento" do PSOE cara aos "responsables" destes incendios, os "pirómanos", así como a quen lles alentan e protexen.

Pero evitou criticar as políticas de prevención de incendios da Xunta de Galicia que preside Alberto Núñez Feijóo porque, dixo, non lle parece "responsable". Para o PSOE, este é un "problema de fondo" que ten que ver coa normativa, cos medios para a extinción incendios, pero tamén co cambio climático e o fenómeno do despoboamento da contorna rural.

Por este motivo, o PSOE avoga por non facer unha análise "cortoplacista á calor dos incendios" e anima ao resto de forzas políticas a abordar o debate con certo percorrido.

Pola súa banda, o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e o secretario de Sociedade civil e Movemento Popular da formación, Rafa Mayoral, visitan tamén este martes as zonas afectada polos incendios en varios puntos da provincia de Pontevedra.

Acompañados por Carmen Santos, viceportavoz de En Marea no Parlamento galego e secretaria xeral de Podemos Galicia, Iglesias e Mayoral desprazaranse ás zonas afectadas de Monte Freixo (Valadares) e de Navia (Vigo) para coñecer 'in situ' a situación.

Durante a súa visita, a delegación de Podemos manterá reunións con representantes das Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF), da Organización Galega de Comunidades de Montes, da mesa intersindical de bombeiros de Galicia, así como representantes sindicais dos axentes forestais da comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 luis ferrolan do pisco

Hoxe , El Pais, Opnion, Correo gallego, La Voz de Galicia etce , publican a propaganda institucional da Xunta , ,,,,sobre os incendios,,, con esas suvencions encubertas , o Sr. Feyjóooo paga a conplicidade dos devanditos rotativos . Liberdade de prensa, ¡xornalistas tedes alma e vocación de méndigos...