Temas: LUME INCENDIOS

Amigos do único detido polos lumes: “Nin a un terrorista nin a un criminal lle fan isto”

Dos tres detidos, só un continúa en prisión. Grupos ecoloxistas denuncian que siga na cadea sen probas concluíntes só por queimar menos dunha hectárea por “imprudencia”. A Fiscalía defende a medida porque "é máis propicio para solicitar testemuñas”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/11/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Este mércores, 1 de novembro, Miguel A.M.N. cumpriu dúas semanas en prisión após a súa detención en Vigo ás 8,30 horas do 18 de outubro por un incendio dunha hectárea producido tres día antes, en plena vaga de lumes, por unha imprudencia nunha leira familiar nos Blancos (Ourense).

Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Outras dúas persoas son investigadas pola súa presunta relación coa onda de incendios. Esas outras dúas persoas serían responsables de menos de catro hectáreas ardidas, unha dun lume que calcinou no concello de Brión dúas hectáreas e outra, unha muller de 73 anos detida como presunta autora de dous lumes no lugar de Rubial, na parroquia de Petelos (concello de Mos), que calcinaron menos de dúas hectáreas. 

Os tres únicos investigados suman menos de 5 hectáreas das 35.500 queimadas. Pero só Miguel segue no cárcere á espera de que a Audiencia Provincial de Ourense resolva sobre o seu recurso contra a decisión de envialo a prisión cautelar sen fianza. A súa filla explicaba hai varios días a este xornal, en exclusiva, que "non houbo recollida de probas" para a investigación policial na súa propia leira, onde se produciu o lume que afectou menos dunha hectárea e polo que foi detido o seu pai.

Propicio para pedir “testemuños”

Con todo, a Fiscalía de Galicia apunta que a prisión provisional de incendiarios "é en ocasións máis propicia" para "solicitar testemuños a propósito de que o imputado non está en liberdade", e que "ocorrido o feito, a sensibilidade cidadá é máis acentuada". Con todo, os seus amigos critican que dos tres detidos, só ún estea en prisión e pregúntanse polas razóns que argumenta a Fiscalía para manter a uns na cadea e a outros non, se todos están acusados do mesmo delito. 

Nun escrito, a Fiscalía remarca que a prisión cautelar debe ser efectuada "en función do perigo demostrado e, por iso, hai que relacionar, se hai indicios, varios feitos". Neste sentido, os fiscais deberán reflectir no atestado "a maior concreción posible" sobre o feito. Aquí deben recollerse cuestións como: data do incendio, parametrizado, extensión, medios de extinción e duración, así como proximidade a persoas e áreas habitadas, entre outras.

Críticas

Pola súa banda, en declaracións a Europa Press, o presidente do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), Manuel García, cualifica de "inexplicable" que "a estas alturas Miguel siga en prisión provisional por unha imprudencia". Ademais, censura que o seu amigo "só pode recibir unha visita á semana de 40 minutos". "Nin a un terrorista nin a un criminal lle fan isto", lamenta.

O detido polo lume dos Blancos foi un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia e recibiu o apoio de máis dunha vintena de asociacións ecoloxistas galegas nos últimos días, xa que o ven como un "chibo expiatorio" da vaga de lumes que arrasou máis de 35.500 hectáreas en Galicia.

"Por moi imprudente que sexa non se merece isto", reflexiona Manuel García, quen se pregunta sobre a "comparativa" con moitos outros casos nos que os presuntos incendiarios detidos ou investigados non son enviados a prisión. Ademais,  denuncia que Miguel foi detido "sen orde xudicial" pola Garda Civil "na rúa". Todo iso sen que se saiba "cando" se vai a decidir sobre o recurso presentado pola prisión cautelar.

E os outros incendios?

"Que pasa coa investigación dos outros incendios? Por que ten que pagar unha persoa por un incendio de menos dunha hectárea por todo?", lamenta o presidente de MEL. Segundo fontes xudiciais,  Miguel é investigado en relación aos artigos 352 e 353 do Código Penal. O primeiro deles establece que os que incendien montes ou masas forestais "serán castigados coas penas de prisión dun a cinco anos e multa de doce a dezaoito meses". Con todo, e a pesar de que os outros dous investigados están acusados do mesmo, non entraron en prisión.

Temas: LUME INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Noa Ramos

Interesante, el incendiario había formado parte de un grupo ecologista afín al partido que todos sabemos, y que fala mucho de Galiza. É dos "nosos", por tanto é inocente. O de sempre.

5 anonimo

Respostando a undecompostela. Quen asina panfletos ultraprimitivos é que non sabe facer outra cousa. ¿ Seica ten que sair gratis queimar o monte ainda que sexa por imprudencia ? ¿ Seica non se detivo intencionadamente a outra xente, que polo visto sábense quen son todos os autores do lume ? ¿ Qué demontre terá que ver eso co franquismo? Hai xente con duas neuronas, sistema A - B, e non da mais, panfletiños toscos e seguir ca trécola do franquismo por todo.

1 Xevale SLUnipersonal

Non, non, non... Que o detido ten carnet de ecoloxista! Como aqueles socialistas, obreros, sindicalistas e progresistas que tan ben trincaron, alguns poucos foron condenados e outros caducaran os delitos ou había dúbidas interesadas. Pero os do clan, os do partido, os do negociado, os cómplices e os amigos do choio ben os defendían. Pola contra, cando un labrego comete unha imprudencia, os ecoloxistas de salón son os primeiros que se apresuran a queimalo na fogueira pública. E, xa o sabemos, facer ruido é un xeito de presionar á xustiza politizada e parcial, e aquí si, herdada do franquismo.

4 A MAXIMA PENA

SACROSANTAS ORGANIZACIONS ECOLOXISTAS non poden amparar a delicuencia incendiaria, iste señor incendio. fixo piromanía, seica por asar un chourizo... non o teño tan claro, non non creo nesta teoría, NON SEÑOR NON SOMOS TONTOS!!!!, si ten amigos que lle leven o bocata de chourizo asado a cadea, o talego, o soto do real, o caldeiro... pero non organizacions ecoloxistas non humillen asi o socio que paga a cuota humildemente, non traizoen as opinions da maioria dos socios... para min que foi "limpar" a finca como a maioria dos luMes como o da vella tola! e o outro o brigadista... sabemos o que esta pasando, debe traballar tamen no presidio non pode estar caído en molice o mellor e sair da pena traballando ... o primeiro e que pague os danos e extinción causados, non nos temos por que pagar os cidadans O ASAMENTO DO CHOURIZO!!!! por que non fuches a coren a mercar vende producto bo e barato.

3 undecompostela

quen diga que non vivimos nun réxime neofranquista é un franquista. Politicos catalan na imputados por cumplir mandatos populares saidos de urnas; ecoloxistas e paisanos acusados de terroristas por imprudencias todos para a carcel. Corruptos pp psoe, ladróns, mafias do lume, todos vivindo a corpo de rei

1 Gomesende

Certo, o PP, Ciudadanos e o PsoE son franquistas. E teñen cómplices, os socios que fan o paripé de oposición e garanten o sistema heredado do fascismo. Quen? Pois ben claro, o PcE-IU e a UPG-BNG desde hai décadas, e agora tamén as Mareas de Podemos. No lugar de destapar a farsa prefiren pactar co réxime, axudan a lexitimar o sistema, a cambio de manter os seus colocados. Son vendidos, son traidores e son falsos!

2 galegoexiliado

En Juantánamo debería de estar. Si é capas de queimar catro pinos da sua propiedade, que non fará si está en liberdade?. E capaz de deixarnos sin eucaliptos. Menos mal que Alberto Trump está ó loro desartellando O Exército Incendiario Galego do Pobo Ceive. Que tempos aqueles nos que a Xustiza so era un cachondeo.