Un total de 36 confrarías e 2.261 buques teñen xa unha nova web

A Federación de Confrarías de Pescadores da Coruña presentou este sábado o seu novo portal para garantir a transparencia e implantar a RSC.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/11/2017 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña presentou en Santiago de Compostela o seu novo portal www.fpcpacoruña.es. Unha web que ofrece de forma rápida e estruturada unha gran cantidade de información, permitindo localizala de forma intuitiva e axilizar a busca de datos .

Entre os obxectivos do novo portal web está garantir a transparencia e implantar a RSC e axudar na busca de información e asesoramento as 36 confrarías e 2.261 buques que forman parte da federación.

O proxecto está desenvolvido no marco do Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar, e creouse, segundo apuntou esta mesma entidade, "co obxectivo de garantir a mellora da información xeral e transparencia en cumprimento da lei para todas as actuacións desenvolvidas pola federación". "Coa posta en funcionamento deste portal web, dáse así o paso en firme cara á implantación no sector da Responsabilidade Social Corporativa", engadiu nun comunicado.

A Federación coruñesa é o órgano de consulta e colaboración coa Administración en defensa e promoción do sector. Entre as funcións está representar ás Confrarías que a integran, xestionar e coordinar os seus intereses comúns, contribuír ao mellor desenvolvemento do sistema socio-económico, para a adecuación das actividades pesqueiras ás esixencias actuais. Tamén, "colaborar na ordenación das áreas marítimas, ou impulsar a modernización do proceso comercial, de forma que garanta a rendibilidade do esforzo pesqueiro".

O acto contou coa presenza e dos principais representantes do sector; patróns maiores, presidentes de agrupacións, secretarios/as das confrarías e unha destacada presenza institucional, coa asistencia de Rosa Quintana Carballo, conselleira do Mar da Xunta de Galicia e Susana Rodríguez Carballo, Directora Xeral de desenvolvemento pesqueiro.

Presentación da nova web da Federación de confrarías de pescadores da Coruña
Presentación da nova web da Federación de confrarías de pescadores da Coruña

Tags: #pesca
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta