Villares ve “imprudente” que o fiscal superior suxira “planificación” tralos lumes sen ter “indicios”

En todo caso, o portavoz de En Marea concorda con Fernando Suanzes sobre o seu rexeitamento ao cambio no Código Penal para equiparar os delitos de incendiarios cos de terroristas,

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2017 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, considerou "imprudente" que o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, afirme que hai "circunstancias" para pensar nunha "planificación" dos incendios cando, máis aló da súa "impresión", non hai "evidencias" ou "indicios" coñecidos que avalen dita afirmación.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa
O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Preguntado polas palabras de Suanzes nunha entrevista coa Cadena SER, Villares esgrimiu que un profesional na súa situación "debería facer afirmacións baseadas nas súas pescudas". "Algo que non me consta que se fixo", agregou, antes de advertir que resulta "imprudente" facer este tipo de afirmacións "nun momento como este" e sen "indicios".

"Os profesionais que dirixen unha investigación policial deben falar baseándose en datos e indicios. Só temos a súa propia impresión e gustaríanos que tivese a solidez dos informes previos da Fiscalía, onde non vimos nada que permita achegarse ás conclusións de Suanzes", advertiu.

Dito isto, matizou que igual Suanzes "si ten" indicios que el descoñece, para concluír que, en tal caso, "sería bo" informar a toda a poboación, o que tamén permitiría unha "mellor valoración" das interpretacións do fiscal.

TERRORISMO INCENDIARIO

Sobre o rexeitamento do fiscal ao cambio no Código Penal para equiparar os delitos de incendiarios cos de terroristas, como reivindica o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, apuntou que neste punto si coincide con Suanzes, posto que "nin a natureza nin a finalidade" de ambos os supostos delituosos "teñen nada que ver".

Por iso, censurou unha vez máis o uso "demagóxico" que, ao seu xuízo, fai o Goberno galego do "terrorismo incendiario" en busca de "un inimigo externo" após o que "ocultar as súas responsabilidades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Arturo

A xente di que hai intereses económicos detrás do lume. Vale. pero cando se preguntan cales son eses intereses económicos, a xente cala, porque non o sabe. A ver, repetimos ¿ Cales son os intereses económicos que están detrás do lume ? Eu sigo esperando una resposta, non que me repitan por centésima vez que a culpa é da Xunta, ou que se a Xunta promociona o eucalipto ( que está prohida a sua prantación en terreos de frondosas e non está subvenciona ) . Re - pe - ti - mos ¿ Cales son os intereses económicos que hai detrás dos incendios ? Ao que me resposte, invítolle a un café.

4 Arturo

Vale. concretamente ¿ cales son os intereses económicos ? Cousas concretas, por favor, non retórica resesa.

1 O negocio do lume

Mire vostede o documental que publica este mesmo xornal sobre a trama dos incendios. Creo que ese video vale mais a mil palabras.

3 Arturo

Bueno claro, pero eu non acho por ningures cales poden ser os intereses económicos dos incendios ¿ A quen benefician? ¿ Beneficia a alguén queimar hectáreas nos Ancares? Non fai falta queimar para expandir o eucalipto, xa está espallado dabondo pola xente que o pranta, ninguén vai edificar nada no terreo queimado,e en Galicia hai millerios de vivendas valeiras e pisos sen vender. Así que todo o mundo fala de intereses económicos, pero cando se lles preguntan cales son esos intereses económicos, a xente non sabe qué decir, porque non se sabe cales serían esos intereses económicos. ! Algún, moi despistado, ainda sae con que é para desviar a tención cando hai descargas de contrabando ! ! No Caurel, na provincia de Ourense ou nas Neves e nos Ancares! O dito, ninguén sabe cales serían esos intereses.

1 Non máis lumes

Pois se non achas por ningures os intereses económicos merca unhas gafas machiño, porque non hai maior cego que o que non quere ver. Ou mírate o video de tramalume que ven neste mesmo xornal. E baixa do mundo de liliput cara ao mundo real, verás como chocas de bruces cos intereses económicos.

2 Arturo

Repitamos mil veces: o monte non arde só. E se un monte comenza arder por catro focos, en época de sequía, e pola tardiña 8 cando non poden vir os avión) pois moita casualidade non parece...; pero non, compre dicir que é todo culpa da política da Xunta, e que en Galicia non hai incendiarios, que ven a ser a postura oficial do BNG.

1 Intereses económicos espureos

Está claro que hai incendiarios. Pero o problema non é o sicario en sí, se non que o problema é quen lle da as ordes ao sicario e que intereses hai detrás. Feijóo di que hai unha trama incendiaria pero tamén di que detrás dos incendios non hai intereses económicos. E logo que hai, unha proba de Disneylandia?. Se hai trama incendiaria, hai intereses económicos detrás dos incendios. O que non pode é haber trama incendiaria porque sí, por deporte, por pasar o día... É de sentido común.

1 Colonialismo postmoderno

Ou seña, que Villares pensa que queimar os montes non é terrorismo?. Moi na liña demagóxica e sistémica, fidel co réxime de Potemos, representada polos Bescansa ou Errejón, que avala que queimar un caixeiro en Galiza ou Euskal-Herria é terrorismo, e queimalo en Madrid é gamberrismo. En Francia dende que se condean coma terrorismo os lunes provocados, apeas existen.