O fiscal rebaixa de 7 anos a 6 meses o cárcere para o home que escondeu a un membro de Resistencia Galega

Está acusado delito de encubrimento por axudar a ocultarse a unha integrante do grupo separatista condenada a seis anos de cárcere polo Tribunal Supremo.

Por E.P. | MADRID | 08/11/2017 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O Ministerio Fiscal rebaixou a súa petición de cárcere de sete anos a seis meses para Bruno Vence por delito de encubrimento ao axudar a ocultarse a unha integrante de Resistencia Galega condenada a seis anos de cárcere polo Tribunal Supremo.

Ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE
Ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE

Na vista celebrada este mércores o fiscal Marcelo de Azcárraga modificou as súas conclusións provisionais substituíndo a cualificación de colaboración con organización terrorista por encubrimento, despois de que o acusado recoñecese que axudou a María Osorio a esconderse na localidade portuguesa de Vila Real en abril de 2014 e que, após a súa detención en Ponferrada, ocultou as súas pertenzas.

"Non existe colaboración dirixida a auxiliar á organización terrorista", dixo ante o tribunal o representante do Ministerio Publico e matizou que no momento o acusado se deu conta de que a súa colaboración era coa persoa e non con Resistencia Galega, decidiu devolver os efectos que gardaba de Osorio no seu domicilio "porque pretende desmarcarse da organización".

O acusado, pola súa banda, explicou durante o interrogatorio que axudou a Osorio "en todo o que puido" porque se trata dunha amiga especial, pero negou ter calquera tipo de vinculación con ningunha organización terrorista. Ademais, precisou que antes de ser detida en España, Osorio abandonou o seu domicilio de Portugal deixando unha nota no seu cuarto co teléfono de Vence.

Após decatarse da súa detención, este acudiu a Portugal e recolleu as pertenzas da súa amiga trasladándoas ao trasteiro do seu domicilio. "Cando se tranquilizou a cousa decateime de que o que estaban a buscar eran as bolsas e dixen que non tiña nada que ver con iso. Deilles a localización exacta", sinalou ante o tribunal da Sección Cuarta da Sala do Penal.

IDENTIDADE FALSA

Esta mesma versión foi ratificada por un axente da Garda Civil que explicou durante a vista que para deter á condenada procederon a vixiar de maneira secreta os seus familiares ante os próximos aniversarios da mesma. Finalmente puideron arrestala cando esta procedía a reunirse cos seus pais en Ponferrada e foi nese momento cando descubriron que se escondía baixo unha identidade falsa.

As xestións posteriores permitiron localizar o piso en Vila Real e as mozas coas que convivía confesáronlle que se facía chamar Ana Varela e que levaba alí desde o mes de abril. Nese rexistro coñeceron a existencia de Bruno e volveron a España procedendo á súa detención. A defensa do acusado, pola súa banda, pediu a absolución do seu cliente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 INVENTOS DO PP

parece todo un invento da fiscalía, seguramente están a matarse a ler novelas de agata cristie e conan doyle e vaiselles quentando a mioleria, ademáis ha muita política "muita política" do pepeiro para crear un,ha situación irreal e pseudorevolucionaria de atentados, asasinatos e explosivos que non teñen nada que ver coa realidade do pacifico e inocente pobo galego, ninguen leva un carnete de "terrorista" e o vai ensinado a coñecidos e amigos polos tascas do barrio vello de Vigo, señores miren si todo son maquinaciones do pepeiro, e moito esta complicado con facer situación de catalunñas na Galiza para roubarnos e sacarnos a autonomía ou asi... eu non fio da fiscalía e pouco da xustica... "HA MUITA POLITICA... MUITA!"