O PSdeG rescata a figura do galeguista Ceferino Díaz

Gonzalo Caballero di que dará o seu nome a unha Escola de Formación “para trasladarlle coñecemento, información e ideas ao conxunto da militancia e agrupacións do partido”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Ceferino Díaz, figura histórica do PSdeG e vinculada sempre ás correntes máis galeguistas deste partido, dará nome a unha nova fundación socialitas. Así o anunciou o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, este luns ao referirse á creación da Escola de Formación Ceferino Díaz co obxectivo de “trasladarlle coñecemento, información e ideas” ao conxunto da militancia ás agrupacións socialistas”. 

Ceferino Díaz nunha imaxe de Galaxia
Ceferino Díaz nunha imaxe de Galaxia

O líder dos socialistas galegos explicou que esta decisión, aprobada por asentemento da Comisión Executiva Nacional Galega busca “incentivar a formación e participación da militancia” socialista. Sinalou que a nova entidade terá o nome de “un dos socialistas de referencia, que demostrou sobradamente o seu compromiso co partido, co país e coa sociedade galega”.

Xestoras

O secretario xeral do PSdeG-PSOE anunciou tamén a decisión da Executiva de nomear dúas xestoras provinciais en A Coruña e Ourense destinadas a “xestionar os tempos políticos no proceso de celebración de primarias e congresual das provincias nas próximas semanas”. Os socialistas galegos xa teñen trasladado á Executiva Federal esta decisión “dentro da etapa de renovación dos órganos do partido”.

Sinalou que a nova Comisión Xestora de A Coruña estará presidida polo vicesecretario político e portavoz da CENG, Pablo Arangüena, mentres que no caso de Ourense estará presidida polo secretario de Emigración e alcalde de Petín, Miguel Bautista.

A reunión de hoxe da Executiva do PSdeG tamén analizou as conclusións da Comisión Executiva Federal celebrada en Alcalá de Henares este pasado sábado, e trasladoulle o respaldo á liña de acción marcada polo secretario xeral, Pedro Sánchez, sinaladamente sobre a cuestión catalá. Tamén expresaron o seu apoio á actuación do PSC e o seu secretario xeral, Miquel Iceta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta