Por Galicia Confidencial | Cuntis | 28/11/2010 | Actualizada ás 19:02
«Ílítico, inapropiado e inadecuado». Así cualifica o Valedor do Pobo a inclusión dun youtube no blog "Na Lingua de Todos", coordenado polo equipo de Normalización Lingüística do centro Don Aurelio de Cuntis.
O Valedor atende unha queixa de Galicia Bilingüe, asociación viguesa contraria a normalización do galego. A Xunta respondera ao colectivo de Gloria Lago que non tiña competencias sobre o blog, que non está nos seus servidores. Agora o conselleiro de Educación terá que responder argumentadamente á petición do Valedor, que non ten rango de orde.
Como xa explicou Galicia Confidencial, o blog "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura mediante "medidas cautelares" depende da Xunta, como demanda de novo Galicia Bilingüe.
Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito. Tal censura debería ser aplicada en todo caso polo Youtube, que o servidor que aloxa a peza de Skarnio, unha canción pola que os seus autores nunca foron condenados por apoloxía do terrorismo ou outro delito.
Titulares
Malia que é evidente que Educación non pode censurar a blogoteca, tanto La Voz como Faro titulan de acordo a tese de GB, que di que se trata dunha web da Consellería.
Un dos seus usuarios do blog de Cuntis escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.
A descrición de Galicia Bilingüe dada nun comunicado, publicado só en castelán, é a seguinte: <<Se trata de un vídeo del grupo Skarnio que parece ensalzar a dos independentistas gallegos que fueron condenados por su participación en la colocación de un artefacto explosivo en una entidad bancaria en Santiago de Compostela. Se muestra la imagen de ambos y se pide su libertad, mientras suena una canción en la que no sólo se les aplaude, sino que se invita a su liberación e incluso a “luchar como ellos luchan”>>.
Para GB isto é un exemplo de que "numerosos equipos de normalización hacen un uso politizado de la mayoría de sus acciones referidas al idioma". Na súa campaña de criminilización dos EDNL, este colectivo publicou un documento con "múltiples capturas y direcciones de blogs a disposición de los alumnos".
O equipo de Normalización de Cuntis respondeu cun comunicado no que di que se trata dunha "vil campaña" de GB, que "non ten autoridade legal ou moral para fiscalizar o noso blog".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.