'A simetría das bestas', do escritor e xornalista compostelán Alberto Ramos, gaña o Premio Risco

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco outorgaron o Premio Risco de Creación Literaria ao escritor e xornalista compostelán Alberto Ramos, pola súa obra 'A simetría das bestas'.

Por E.P. | OURENSE | 17/11/2017 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco outorgaron o Premio Risco de Creación Literaria ao escritor e xornalista compostelán Alberto Ramos, pola súa obra 'A simetría das bestas'.

Alberto Ramos
Alberto Ramos | Fonte: praza.com

A obra gañadora recibe 6.000 euros en metálico, ademais da publicación de 150 exemplares.

Alberto Ramos xa gañara o Premio Risco 2012 coa súa obra 'Todos os días'. Na edición deste ano, segundo trasladan as entidades convocantes, gaña por maioría cunha obra "de corte filosófico", onde concede "un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados".

O xurado destaca o seu simbolismo e un "moi bo manexo dos recursos narrativos", así como personaxes "moi ben construídas dadas esas discusións filosóficas".

O concurso, que cumpre a súa décimo sétima edición, homenaxea a un dos referentes da Xeración Nós, Vicente Martínez-Risco, e ao seu fillo Antón Martínez-Risco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta