Facebook censura a promoción de ‘Nove de Novembro’, o primeiro filme gai en galego

A rede social alega que o vídeo do tráiler, no que se ve a dous homes bicándose, contén “cantidades excesivas de pel” ou “contido suxestivo”. O director, Lázaro Louzao, denuncia estas restricións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/11/2017 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Facebook, coa súa particular 'regra de xogo, decidiu censurar a promoción do tráiler de Nove de Novembro, o primeiro filme gai en galego A rede social alega “contido inapropiado” para restrinxir a promoción do video, que non contén espidos mais si o bico entre dous homes.

Fotograma de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao,  primeiro filme LGTB en galego.
Fotograma de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao, primeiro filme LGTB en galego.

Onte fíxose público o trailer de adianto de Nove de Novembro. A peza de video, que foi difundida dende a mañá por redes sociais, topouse cun inesperado inconveniente á hora de se promocionar en Facebook. “Cando lanzamos en redes noticias ou adiantos importantes sobre o filme, acostumamos poñer pequenas cantidades de diñeiro ás publicacións para que cheguen a máis xente” explica o seu director, Lázaro Louzao, sobre a estratexia publicitaria en redes.

Facebook —a rede social máis popular no mundo— acostuma revisar os contidos que se publican de forma automática, a través de algoritmos e programas informáticos de recoñecemento de imaxe. No aviso enviado por Facebook explicase que o video de Nove de Novembro non cumpre cas súas políticas de publicidade por conter “cantidades excesivas de pel” ou “contido suxestivo”.

“Cando me chegou o aviso de que non se aprobaba a promoción da publicación supuxen que sería por un fallo do programa co que revisan as publicacións”, explica Louzao, que reclamou a restrición aplicada pola rede social.

“Reclamei que se o programa recoñecía moita pel na imaxe era porque había primeiros planos das caras dos protagonistas, porque de feito non saen espidos en ningún momento”, afirma o director do filme.

Censura de Facebook da promoción de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao,  primeiro filme LGTB en galego.
Censura de Facebook da promoción de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao, primeiro filme LGTB en galego.

Nun primeiro momento a rede social aceptou a reclamación, feita por este novo cineasta, para logo volver restrinxir o seu contido unha hora despois. “Pensei que quedara todo resolto, pero despois deron marcha atrás", comenta o director.

"Xa non é a primeira vez que Facebook ten problemas para aceptar contidos LGTB na súa páxina”, denuncia Louzao.

O certo é que a política de contidos de Facebook e os seus algoritmos teñen xerado enorme controversia, xa que, por exemplo, permite noticas falsas —moitas delas, colocadas nos primeiros postos entre as máis visibles— ou contidos racistas e xenófobos, mentres elimina contidos de contido erótico, nais dando o peito ou mesmo contidos relacionados co mundo gai.

O debate está aberto desde hai tempo, xa non só polo tipo de contidos que Facebook acepta ou suprime, senón por un dereito fundamental como é o da liberdade de expresión e de información.

TRÁILER

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Eleuterio

Aconsejo para iniciar sesión en Facebook https://comoiniciarsesion.org/faceb...

5 hack de face

Hay determinados trucos para saltarse la normativa de Facebook y poder "hackearlo". Lo malo es que en este caso en concreto, seguramente haya habido una acción manual (alguien ha revisado el video), y de ahí que se haya censurado.

4 eusi

Vergoñento

3 Xaerahora

Si pero si e unha escea heterosexual ou si a q ensina algo e muller seguro q non hai prolema. Senon ahi esta interviu, escenas do cine de Bigas Luna,... Moita hipicresia e falsa moral

2 Daviciño

pois a min non me parece motivo dabondo para prohibir a difusión, non fai dano ningún, soamente dalle máis visibilidade a un sector da nosa sociedade