O Obra segue a facer historia

Obradoiro suma a sétima vitoria, a quinta consecutiva, en nove xornadas tras derrotar por 75-64 a Tenerife cun espectacular último cuarto cun parcial de 21-12. Radovic, MVP da xornada con 17 puntos e 12 rebotes.

Por gcdeportes | Compostela | 19/11/2017 | Actualizada ás 21:57

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Monbus Obradoiro 75:
Pepe Pozas (2), Matt Thomas (11), Bendzius (11), Ben Simons (5), Artem Pustovyi (6) -cinco titular- Albert Sábat (6), David Navarro (10), Radovic (17), Nacho Llovet (7) e Martins Laksa (0).
Iberostar Tenerife 64: San Miguel (4), Richotti (12), Abromaitis (0), Ponitka (15), Mike Tobey (14) –cinco titular- Niang (0), Llompart (12), Fran Vázquez (0), Vrabac (0), Rosco Allen (5) e White (2).
Parciais: 21-19, 15-15 (36-34), 18-18, 21-12 (75-64).
Árbitros: Calatrava, J.R. García Ortiz e Sánchez Sixto. Sen eliminados.
Incidencias: partido da 9ª xornada da Liga ACB disputado no Fontes do Sar ante 5.073 espectadores.

Artem Pustovyi machaca a canastra rival.
Artem Pustovyi machaca a canastra rival. | Fonte: ACBPhoto

Sete de nove e cinco consecutivas. O Obra segue a facer historia co seu espectacular arrinque na ACB. Caeu Tenerife por 75-64 tras un último cuarto dos composteláns case perfecto en defensa, no que deixou o rival en 12 puntos. Outro triunfo nun Sar invicto e un paso colosal cara ao soño de clasificarse para a Copa: Unicaja, oitavo, queda a tres vitorias. O Real Madrid, líder, está unha por diante tras nove xornadas. Tralo parón de seleccións, Baskonia e Betis a domicilio.

Nas cinco vitorias consecutivas, Obradoiro deixou o rival por debaixo dos 70 puntos: Burgos 69, Fuenlabrada 65, UCAM Murcia 60, Gran Canaria 65 e Tenerife 64. Espectacular foi tamén o encontro de Nemanja Radovic, MVP da xornada con 17 puntos, 12 rebotes e 1 asistencia en 26 minutos (29 de valoración).

Os tres primeiros cuartos foron igualados, e chegouse aos últimos dez minutos con 54-52. Coas triplas de Matt Thomas e Navarro, Obradoiro acadou un parcial de 12-2 e foise no marcador (66-54). Radovic anotaba e Navarro aportou outra tripla (73-57). Tenerife tardou case oito minutos en anotar en xogo (só cinco tiros libres). Ao final, 75-64.

Os xogadores obradoiristas celebran a sétima vitoria.
Os xogadores obradoiristas celebran a sétima vitoria. | Fonte: @OBRADOIROCAB
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Parabéns !