Alerta laranxa por temporal de vento nas provincias da Coruña e Lugo

A Dirección Xeral de Emerxencias da Vicepresidencia da Xunta informou dun temporal de nivel laranxa por vento en terra que afectará a partir deste mércores ás provincias da Coruña e Lugo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2017 | Actualizada ás 14:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias da Vicepresidencia da Xunta informou dun temporal de nivel laranxa por vento en terra que afectará a partir deste mércores ás provincias da Coruña e Lugo.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso iniciarase ao redor das 9,00 horas no oeste e suroeste da provincia da Coruña e na Mariña de Lugo, con refachos de vento de até 100 quilómetros por hora

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros.

Tamén lembra á poboación a importancia de seguir medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e xanelas e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta