(AM) Morre un home ao quedar atrapado debaixo dun castiñeiro cando traballaba nunha leira en Baralla (Lugo)

Un home que traballaba nunha leira co seu tractor no municipio de Baralla (Lugo) faleceu despois de quedar atrapado debaixo dun castiñeiro na tarde do mércores.

LUGO | 23/11/2017 | Actualizada ás 09:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home que traballaba nunha leira co seu tractor no municipio de Baralla (Lugo) faleceu despois de quedar atrapado debaixo dun castiñeiro na tarde do mércores.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar nunha propiedade da vítima, en Vilartelín. Foi un particular quen chamou ao servizo de emerxencia ás 19,20 horas do mércores para dar a voz de alarma. Outra persoa tamén se puxo en contacto coa central de emerxencias para indicar que o home, que faltaba da casa desde a mañá, aparecera sentado no seu propio tractor, coa árbore encima del.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao 061, aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá e á Guardia Civil.

Á zona do suceso, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 enviou unha ambulancia asistencial e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) que confirmou o falecemento no lugar do home, J.L.S.L., de 72 anos de idade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta