Detido un home por apuntar cunha escopeta a un operario da ITV en Narón ao non superar a revisión do seu vehículo

Un veciño de Moeche de 75 anos foi detido por apuntar cunha escopeta de caza este martes a un operario da ITV do polígono industrial das Gándaras, en Narón (A Coruña), ao non superar a revisión do seu vehículo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2017 | Actualizada ás 20:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un veciño de Moeche de 75 anos foi detido por apuntar cunha escopeta de caza este martes a un operario da ITV do polígono industrial das Gándaras, en Narón (A Coruña), ao non superar a revisión do seu vehículo.

Axentes da Policía Nacional pertencentes á comisaría de Ferrol-Narón detiveron no mediodía deste martes, sobre as 13,45 horas, a este home, que ameazou a un empregado da empresa Supervisión y Control (SyC), concesionaria do servizo de ITV en Galicia.

Segundo trasladou unha testemuña do suceso a Europa Press, o incidente produciuse despois de que o vehículo do septuaxenario, un todoterreo, fose rexeitado por segunda vez na inspección periódica, o que motivou que o home ameazase nun primeiro momento ao empregado con "enviarlle uns xitanos para arranxar contas". Acto seguido, sacou do interior do vehículo unha escopeta de caza, cargada cun cartucho, á vez que esgrimía na outra man outro cartucho.

A reacción do operario foi en todo momento tratar de acougar ao suposto agresor, trasladándolle que ía reclamar a presenza do encargado para "tratar de solucionar o asunto".

Foi entón cando se puxo o incidente en coñecemento da Policía Nacional e Policía Local de Narón. Dotacións policiais, con pistola en man, detiveron ao autor do incidente, que non ofreceu oposición.

Segundo os datos aos que tivo acceso Europa Press, o detido ten permiso de armas e está domiciliado na parroquia de San Xurxo de Moeche, nas proximidades do castelo medieval situado neste municipio da comarca de Ferrol.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta