A irmá do acusado de matar á súa muller en Narón di que a vítima lle confesou que el a ameazaba

Sostén que a súa cuñada lle dixo que o seu marido a ameazou con "cortarlle o pescozo" e que estaba "decaída" dous meses antes da súa morte

A CORUÑA | 29/11/2017 | Actualizada ás 14:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A irmá do home acusado de matar á súa muller en Narón (A Coruña) declarou que un mes antes do crime a vítima confesoulle que o seu marido, quen presuntamente a degolou en decembro de 2015, a ameazara con "partirlle a cara" e "cortarlle o pescozo".

Na terceira sesión do xuízo que se segue na Audiencia Provincial da Coruña, varios familiares do matrimonio coincidiron en destacar o cambio de actitude da muller nos meses previos aos feitos, e que foi entón cando --segundo declararon testemuñas-- a vítima lles dixo que estaba a ser ameazada polo seu marido.

Así, ante o xurado popular, a irmá do acusado asegurou que un mes antes do ocorrido a súa cuñada comentoulle que, após manter unha discusión polo diñeiro que gastaba o home --padecía problemas de ludopatía--, este ameazouna con "partirlle a cara" e "cortarlle o pescozo".

Unha revelación que deixou "moi asustada" a este familiar, que di non ver nunca malos tratos por parte do seu irmán, pero si recoñece que a vítima estaba "decaída" nos meses previos á súa morte.

"DESCONFIABA DEL"

Despois da morte da súa cuñada, esta muller non dubidou en sospeitar do seu propio irmán. "Eu tiña medo e desconfiaba del", declarou en relación ao home que se enfronta a unha pena de 15 anos de prisión pola morte da que fose a súa esposa durante máis de 50 anos.

Do mesmo xeito que fixo no no primeiro xuízo --que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou repetir por entender que o xurado que lle condenou non motivou o seu veredicto--, o octoxenario negou ser o autor da morte da súa muller e alegou que a atopou "ensanguentada".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta