A Xunta defende que as últimas declaracións sobre a hepatite C "confirman" unha "correcta actuación"

Asegura que as decisións están baseadas "en criterios exclusivamente clínicos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2017 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A Xunta sostén que as novas declaracións na causa por tratamentos de hepatite C "confirman a correcta actuación, baseada en criterios exclusivamente clínicos, dos membros da subcomisión de Farmacia".

Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda
Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda | Fonte: BNG

Nun comunicado, a Consellería de Sanidade asegura que "os testemuños do persoal facultativo, de farmacia e de xestión económica acreditan que non se lle pode atribuír ao funcionamento da subcomisión ningún atraso na dispensación dos fármacos".

Sanidade insiste en que se actuou seguindo os protocolos farmacoterapéuticos establecidos polo Sistema Nacional de Saúde (SNS) e o Ministerio de Sanidad para "garantir un acceso homoxéneo e igual de toda a cidadanía a estes novos medicamentos", que, "nesa fase, aínda non estaban autorizados nin tan sequera para ser comercializados en España".

Así, a Xunta afirma que esa subcomisión resolveu os casos "de maneira rápida, cunha media de 13 días nunha enfermidade que ten un desenvolvemento de entre 30 e 40 anos". "Para o Sergas, a subcomisión da hepatite actuou, en todo momento, seguindo criterios facultativos para o acceso dos cidadáns a estes novos fármacos, e, en ningún caso, tivéronse en conta razoes orzamentarias ou doutro tipo nas decisións da Administración", asevera.

Félix Rubial, ex-director de asistencia sanitaria do SERGAS e actual xerente da área de Vigo, e Carolina González Criado, subdirectora xeral de Farmacia están imputados por un delito de homicidio imprudente, tras a morte de varios pacientes infectados con esta enfermidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta