Pedro Arias vai de "sobrado" no Parlamento

O profesor coruñés, deputado do PP, volve a ser protagonista dos intres máis polémicos no Hórreo. Hoxe despachou varios ataques persoais de dubidoso gusto e presumiu de ser a “vangarda”.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/12/2010 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A oposición é un "naufraxio intelectual, ético, político e estético". O Goberno do PP é a “vangarda”. Estes son só algúns dos pasaxes do discurso do deputado Pedro Arias este serán no debate sobre os orzamentos de 2011 da Xunta.

None

Arias, coñecido no Hemiciclo por ser un dos poucos parlamentarios que usa a miúdo o español e por ter definido ás mulleres dende o estrado como o "sexo oscuro", foi máis aló.  Unha vez máis, o político coruñés caeu nas descualificacións persoais.

Ao seu rival no debate Abel Losada díxolle que "non ten currículo profesional". Á oposición “arrogante e insolente” díxolle que "non poden connosco, nin con Feijóo, nin con Santalices, nin con Rosendo, nin cos mozos, nin co meu amigo Fervenza, nin co conselleiro, nin cos conselleiros".

Mirando ao pasado, o parlamentario (autor dun polémico estudio sobre o Prestige pagado pola Xunta no que afirmaba que a economía galega saíra beneficiada) asegurou que as "pancartas están de capa caída e aqueles tempos non volverán 'Nunca Máis". “Dan pena intelectual”, concluíu.

A oposición non puido evitar entrar na lama dos ataques persoais. Losada (PsdeG) lembroulle que leva 30 anos na Universidade malia que aínda non presentou a súa tese doutoral. Tamén acusou ao PP de non ter decencia por non acudir ao acto da Memoria Histórica na Coruña.

None

Henrique Viéitez (BNG) acusou ao conservador de comportarse como se estivese “nunha taberna". O nacionalista pediu  "respecto” aos cidadáns e que se debatese o asunto do pleno.

Tanto Viéitez como Losada criticaron as contas de Feijóo no referido a caída da innovación e os investimentos no exterior, nos que a Confederación de Empresarios é unha das grandes beneficiadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

3 xoan

alomenos falou en galego, algo é algo

1 Teresa

Erras de cheo! Falou en castelán e dixo máis cousas. Eu digo o mesmo que dixo Henrique Viéitez: hai alguén que mirou luz e entrou na taberna.

2 Rayleigh

Este señor é un mercenario. Simplemente está intentando demostrar os seus novos amos que é de fiar, sobreactuando. Debe ser terrible para él mirarse no espello tódolos días..

1 vindimar

Que tio máis grimoso.